En Vilar de Cerreda (Ourense) queren sacar proveito do monte

Crearase oficina técnica de asesoramento para montar unha sociedade forestal

Nogueira de Ramuin | A Comunidade de Montes de Carballos da Portela, Cimbro e Cubela, da parroquia de Vilar de Cerreda, Concello de Nogueira de Ramuín ten unha extensión de 550 hectáreas que pertencen a 62 comuneros. Manuel Fernández Andrade é o presidente desde o ano 2015 indica que antes deste verán terán a totalidade do terreo limpo de maleza xa que logo comezaron a facer cinturóns de seguridade a cincuenta metros de cada poboación.

O colectivo creará unha oficina técnica de asesoramento para montar unha sociedade forestal e recuperar a actividade no monte e poñelo a producir. Queren volver a poner en valor as zonas de viñedos, millo, trigo, centeo, pastizal. Tamén tentan retirar o piñeiros que foron tirados pola climatoloxía adversar de fai semanas e cortar os que presentan risco inmediato de caída sobre as estradas e os camiños.

En Vilar de Cerreda queren rematar co minifundismo que non favorece a ninguén e por iso ordenan o monte para sacarlle rentabilidade. De inmediato a asamblea xeral de comuneros decidirá si quere adherirse a o plan Pladiga da Xunta.

Este Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia ten por obxecto o establecemento da organización e o procedemento de actuación dos recursos e servizos cuxa titularidade corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia, daqueles que poidan ser asignados a este pola Administración Xeral do Estado, así como dos que puidesen ser facilitados por outras entidades públicas ou privadas para facer fronte aos incendios forestais dentro do territorio galego.