“É preciso facilitar a mobilidade para os veciños de Crecente”

Carlos Eduardo Claro Argibay, candidato do PSdeG-PSOE, nos Debates Preelectorais

Crecente | Un novo Debate Preelectoral tivo lugar este 28 de marzo. Nesta oportunidade tocoulle ao Concello de Crecente, representado nesta ocasión polo seu candidato socialista Carlos Eduardo Claro Argibay.

O debate foi moderado por Guillermo Rodríguez, director do xornal Foro A Peneira-Novas do Eixo Atlántico, dende os estudos de Radionove.gal en Ponteareas. Excusaron a súa presenza os outros dous candidatos, o alcalde Julio César García Luengo (PP) e Benigno López Álvarez (BNG)

Claro Argibay expuxo as prioridades que este Concello de 2.032 habitantes ten na actualidade, principalmente nas áreas de mobilidade, transporte, emprego e servizos e que determina a súa dependencia doutros Concellos veciños como Arbo, A Cañiza e incluso Vigo. “Fai falla un tanatorio” toda vez argumentou as dificultades suscitadas pola inexistencia dun novo PXOM (o último foi aprobado en 1987)

Tamén explicou as carencias en servizos médicos, en materia de emprego para a mocidade  e o visible envellecemento da poboación.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.