“E dous ovos duros”, paralelismos do proceso de investidura.

Non é para tomarllo de broma, polos riscos que para España supón o resultado de non dotala dun Goberno forte nunha época difícil, pero as similitudes coa película dos Marx saltan á vista.

Noutras ocasións xa utilicei a metáfora e a parábola, para intentar unha análise de situacións políticas complexas, expoñendo as miñas opinións lonxe de términos que, por grandilocuentes e profundos, só quedan claros aos expertos que ten que acreditar a súa sabedoría utilizando a súa propia jerga. Hoxe volvo intentar aproximarme a un tema tan serio, como non ter un goberno con competencias plenas e o mais estable posible, nun periodo cheo de dificultades para España e os seus cidadáns, sen ánimo de crear mais confusión e alarma.

Un proceso lóxico de negociacións para formar Goberno debería pasar por primeiro establecer un programa, segundo negociar unha estrutura adecuada aos seus obxectivos e para rematar buscar, e poñerse de acordo, nas persoas ás que situar nesa estrutura.

Do documento dun posible programa o PSOE ofreceu dúas versións, a primeira de 42 páxinas, a última de 50, e aquí xorde a primeira similitud cunha das escenas da película, a resposta o interlocutor lévanos ao inefable dialogo da lectura e negociación dun contrato, quen non recorda aquilo de “a parte contratante da segunda parte….”. En palabras dos negociadores de Unidas Podemos ”non é unha proposta seria xa que é un curta e pega do seu programa electoral” “o que nos parece o máis sensato: negociar de xeito integral un programa de estabilidade con prioridades moi concretas un Goberno xa, e o seu anuncio e publicación nos medios unha falta de respecto incluso unha humillación”.

Ao avanzar nas negociación acéptase que vai existir un Goberno de coalición, como esixiu desde o principio Unidas Podemos, pero ao intentar concretar a proposta as versións de en que se traduce ese Goberno son, dunha parte un equipo único pilotado por quen obtivo 123 escanos, da outra dous equipos ben diferenciados e con xestións exercidas en competencia exclusiva. Hai que engadir que os ministros de UP , cunha achega de apoio de 42 escanos de 6 forzas diferenciadas, controlarían o 100 % dos ingresos (De acordo co contido da súa proposta escrita ese dato non é posible desmentilo) e no capitulo de gastos roldarían o 50%. E aquí xorde nuevamente a similitud coa película.

Vexamos, nun barco con destino a Nova York viaxa a compañía de grandes estrelas da Ópera de Milán, que en boa lóxica ocupan os mellores camarotes . A bordo viaxan tamén uns polizons. Aceptados polos titulares dos camarotes e o seu dirixente como iguais, xorden esixencias de servizos de limpiadoras, manicuras, un plomero, camareiros, etc, e grandes cantidades de comida, nada é suficiente, a todo hai que engadir “dous ovos duros, mellor tres”. Resultado: a acumulación termina por facer rebentar o camarote. Acepto que habería que substituír, para evitar que se acuse ao articulo de irrespetuoso, a figura do polizón pola de viaxeiro legal doutro nivel (o cuarto p/e) pero a analogía é moi evidente.

Pero o problema principal é que, do mesmo xeito que na película, o caos xerado polos inesperados pasaxeiros, ao condicionar todo o devir do proceso, consegue que o gran obxectivo, formar un Goberno ou representar unha gran obra, pasa a un segundo plano e parece ser menos importante que como se conta o porqué ese gran obxectivo non se levou a bo término.

Enxeñeiro Técnico en Mecánica e enxeñeiro de Instalacións, tamén é Diplomado en Relacións Laborais e Empresariais. Foi enxeñeiro de Citroën e militante da UXT. Foi o primeiro presidente do Comité de empresa de Citroën. Ingresou no PSOE en 1978. Foi deputado pola provincia de Pontevedra polo PSOE. Foi Secretario de Federacións de UGT-Galicia. Foi Secretario de Acción Social e Secretario de Participación Cidadá do PSOE.

Outros artigos