E.D. Salvaterra, campión da Copa Federación de fútbol xuvenil

Foron recibidos con tódolos honores pola alcaldesa Marta Valcárcel

Salvaterra de Miño | Coma se dun equipo profesional se tratase, a Alcaldesa de Salvaterra Marta Valcárcel recibiu no Concello ao equipo Xuvenil das E.D.Salvaterra para compartir unhas verbas e obsequialos cunhas camisolas conmemorativas do título acadado. O acto tamén lembrou o legado do seu presidente Antonio Bernárdez Gándara, falecido en xuño pasado.

Fai 15 días estes xoves xogadores acadaban o título da Copa Federación tras unha vibrante tanda de penaltis logo do empate sen goles fronte ao Caldelas. Moito mérito teñen estes rapaces adestrados polo noso compañeiro Edgar Martínez, quenes  a pesares de ser prácticamente novos na categoría, fixeron unha tempada para a lembranza xogando fase de ascenso e conquistando a Copa. Como broche de ouro, a expedición saliu ao balcón a brindarlle ao seu “Presi” o título.