Duascentas persoas xuraron a bandeira civil en Monforte

O almirante xefe do Arsenal de Ferrol presidiu o acto

Monforte de Lemos | Hoxe as 12 da mañá tivo lugar na Praza dos Escolapios a Xura de Bandeira Civil de preto de 200 persoas nunha cerimonia presidida polo alcalde en funcións e o almirante xefe do Arsenal de Ferrol. Durante o desenrolo do acto, un nutrido grupo de cidadáns manifestaron o seu compromiso á defensa de España, prestando xuramento ou promesa ante a bandeira nacional.

Nun primeiro momento prodúxose o desfile ata a Praza dos Escolapios da compañía de honores que deu escolta á enseña nacional ante a que os xurandos realizaron o xuramento ou promesa e que rendiu honores de ordenanza da Autoridade que presidiu o acto.

Coa chegada de Ignacio Frutos Ruiz, almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol, e unha vez recibidos os honores, pasou revista á forza en formación ao son da marcha militar e recibiu ao alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, dirixíndose á presidencia que ocuparon durante o desenrolo da xura de bandeira.

Os xurandos foron chamados un a un, para selar co seu xuramento ou promesa o compromiso de defender España. Tras a xura dos case 200 participantes tivo lugar a homenaxe aos soldados caídos, que morreron con honor servindo á súa Patria. Neste momento, o Comternor e un xurando, dirixíronse ao monolito en forma de cruz para depositar unha coroa e participar na oración ofrecida polo capelán.

A continuación cantouse o himno da Armada e tras pedir o permiso reglamentario, prodúxose o desfile da compañía á vista das autoridades e público asistente, e retirouse a bandeira para que ocupara o seu lugar inicial, rematando o acto co himno nacional.

As autoridades militares agradeceron aos monfortinos e monfortinas presentes a súa compañía nesta celebración remarcando que a súa presenza é motivo de gran satisfacción e estímulo para eles e agradeceron ao alcalde da cidade a súa colaboración que resultou imprescindible para que se puidera realizar o acto.

O alcalde tamén mostrou a súa satisfacción pola celebración dun acto tan significativo e emocionante para os participantes. “A alta participación de cidadáns na xura de bandeira civil, demostra que o obxectivo destes eventos, que é afianzar lazos de unión entre as Forzas Armadas e a sociedade, estase a conseguir satisfactoriamente”. José Tomé agradeceu ás autoridades militares escoller a nosa Cidade para o desenrolo dun evento tan complexo.

Unha vez rematado o acto o alcalde acompañou ás autoridades militares á Igrexa da Nosa Señora da Antiga, e o museo onde observaron as obras más significativas: os óleos de Domenikos Theotocopulos, O Greco, e as cinco tablas de Andrea del Sarto.