Dous músicos de Tomiño participan no 2º Encontro Transnacional “Play2Grow” en Italia

Voluntarios da Oficina Municipal de Información Xuvenil

Tomiño | Desirée Gómez Bouzada e Andrés Álvarez Gómez, voluntarios da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) e músicos profesores da Agrupación Musical de Goián, representan estes días na cidade italiana de Aosta, ao Concello de Tomiño, no 2º encontro transnacional “Play2Grow” (Desenvolvemento en valores e habilidades chave para a xuventude a través da música), cofinanciado polo programa Erasmus+ da Comunidade Europea (https://play2grow.eu/).

O Concello de Tomiño participa con outras catro entidades neste programa europeo, cuxo obxectivo é xerar un conxunto de actividades formativas que permitirán aos mozos e mozas adquirir unha serie de valores e habilidades por medio da música.

Outro dos asuntos a tratar neste encontro é ultimar os detalles dun intercambio de músicos xoves que terá lugar a semana próxima en Paredes de Coura, no que participarán 5 estudantes da Escola de Música de Goián, e outros tantos da Escola de Rock de Paredes de Coura e da Fondazione Maria Ida Viglinio perla Cultura Musicale de Aosta.

Desirée Gómez Bouzada e Andrés Álvarez Gómez.

A iniciativa, que comezou a finais do ano 2019, desenvolverá unha serie de recursos innovadores de formación dirixidos a traballadores xuvenís e formadores de escolas de música, para mellorar nas súas respectivas aulas a provisión de habilidades e valores chave, como o respecto, a creatividade, a comunicación ou o traballo en equipo.

 

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!