
O Porriño | Os tres grupos con representación no Concello do Porriño —BNG, PSdeG PSOE e PP— acordaron por consenso en pleno municipal a concesión dunha rúa a Adoración Carrera Rodríguez, máis coñecida como Dora Carrera. A proposta busca renomear a actual rúa Correos, lugar onde residiu ata o seu falecemento o pasado 5 de abril.
Dora Carrera foi unha das nais fundadoras da Asociación Érguete. No seu legado está a loita contra a droga e o narcotráfico, xunto un árduo traballo na desestigmatización dos drogodependentes.




