“Días azuis do Comercio Galego” entrega 2.500 euros no Castro de Caldelas

Xa está en marcha a campaña “Merca no teu comercio”

O Castro de Caldelas | O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañou hoxe a persoa gañadora do premio extraordinario de 2.500 euros concedido no marco da campaña Días Azuis do Comercio Galego desenvolvida en colaboración coa Federación Galega de Comercio, que debía empregarse nunha única xornada de compras.

Celebrando que este premio vaia beneficiar o comercio de proximidade do Castro de Caldelas, Alén recordou que —na campaña realizada en abril— se rexistraron uns 110.000 tíques de compras realizadas en máis 160 localidades, que supuxeron uns 2,9 M€ en vendas. Ao seu remate, ademais do premio adicional que se investiu hoxe, repartíronse 44 tarxetas prepago de 250 euros e outras 60 de 150 euros para gastar nos comercios galegos.

Nunha visita na que tamén estivo o presidente da Federación Galega de Comercio, José María López Seijas, o director xeral lembrou que actualmente está en marcha —tamén en colaboración coa federación— a campaña Merca no teu comercio, que percorrerá 40 localidades que non contan con centros comerciais abertos, chegando a máis de 60 asociacións de comerciantes.
Hoxe mesmo pecha unha quenda de campañas quincenais en preto dunha vintena de concellos para dar lugar a outra que estará vixente deica o 30 de xuño. En cada unha delas, sortearanse 20 tarxetas regalo por valor de 50 euros. No centro da foto, Flora Castro presidenta da Asociación de Empresarios de Caldelas.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.