Desfile das Comparsas o 11 de febreiro en Arbo

Establecense 4 categorias e repartiranse 1.500€uros en premios

Arbo | O Concello de Arbo, un ano máis convoca dentro das actividades programadas para o “Entroido 2024” un Desfile de Comparsas para o próximo día 11 de febreiro.

As que desexen participan deberán anotarse nas oficinas do concello ou ata unha hora antes do inicio do desfile a través do persoal municipal identificado.

Establecense 4 categorias e repartiranse 1.500€uros en premios, que serán entregados o domingo día 11 de febreiro o acabar o desfile no salón de plenos do Concello de Arbo.

a. Comparsas de 15 ou máis membros
Primeiro premio: 500€.-
Segundo premio: 250€.-
Terceiro premio: 100€.-

b. Comparsas de 5 a 14 membros
Primeiro premio: 140€.-
Segundo premio: 75€.-
Terceiro premio: 50 €.-

c. Comparsas Infantís
Primeiro premio: 140€.-
Segundo premio: 75€.-

d. Mascaritas (de 1 a 4 membros)
Primeiro premio: 80€.-
Segundo premio: 40€.-
Terceiro premio: 30€.-
Cuarto premio: 20€.-

O desfile sairá ás 17.30 horas da Carballeira de Turbela. Ano tras ano, o percorrido ata a Praza do Concello é todo un éxito, contando con distintos espectáculos protagonizados polas comparsas e os colaboradores.

O xurado estará formado por membros designados entre o público asistente. Estas persoas non poderán formar parte de ningunha comparsa. Recordase dende o Concello, que co gallo do desfile as rúas Antonia Tovar, Buenos Aires, Miguel Davila, Rúa Vázquez Estévez e Rúa Segundo Gil Davila estarán cortadas ao tráfico.

Certame “Brais Alonso” para deseño do cartaz da Festa da Lamprea Seca
O Concello de Arbo convoca un ano máis o concurso para deseñar o cartel anunciador da XXIX Festa da Lamprea Seca, que terá lugar os días o 9,10 e 11 de agosto.

Este exitoso concurso denominado “Brais Alonso” ten como obxectivo deseñar o cartel anunciador da festa gastronómica da Lamprea Seca que se celebra o Segundo domingo de Agosto na Carballeira de Turbela.

As propostas serán entregadas no soporte orixinal e electrónico á máxima resolución. Poderán presentarse ata dous carteis por participante. Ademais presenta interesantes premios para os deseños máis orixinais, representativos e creativos. Outorgaranse dous premios: o primeiro de 400 euros e o segundo de 300 euros. O prazo para presentar as propostas finalizará o próximo 22 de febreiro.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, destacou que “tanto o concurso de carteis Brais Alonso como o que convocamos para a Festa da Lamprea están a experimentar un gran éxito, recibindo propostas desde diferentes partes de España”. Asegurou tamén que “estas dúas importantes festas, xunto coa lamprea, son a principal marca identificadora que nos sitúa en Galicia, en España, en Europa e o mundo.

Máis información na páxina web https://festadalamprea.gal/