Descubre a Vía Mariana por Covelo

Con roteiros os sábados 17 e 24 de setembro

O Covelo | O Concello de Covelo abre listas para a inscrición nos roteiros por etapas da Vía Mariana ao seu paso por Covelo. Será os sábados 17 e 24 de setembro. O sábado, 17 de setembro, a saída será no Alto da Coroación (A Franqueira – A Cañiza) para chegar ata o centro de Covelo.

O sábado, 24 de setembro comezarán en Covelo e camiñarán ata a Portela do Foxo, entre os concellos de Covelo e Fornelos de Montes. Alí, terán a posibilidade de volver a Covelo nun minibús.

Estas actividades turístico-deportivas están organizadas polo Concello de Covelo e a Deputación de Pontevedra. As persoas participantes estarán acompañadas por un guía de montaña, biólogo e fotógrafo.

O prazo para realizar as inscricións sigue aberto ata esgotar as prazas e pódese realizar no teléfono 654.500.652.

A Vía Mariana ofrece percorridos naturais inmersos na natureza e brinda a oportunidade de descubrir recunchos tan fermosos como descoñecidos, gozar das mellores vistas e rodearse da fauna e flora dos nosos montes.

Curso de informática
O goberno de Covelo informa da celebración dun curso de informática e internet aplicado ás explotacións do medio rural. O curso celebrarase os vindeiros 22, 23, 29 e 30 de setembro e e o 6 de outubro en horario de 16:30 a 20:30 na biblioteca pública municipal de Covelo.

As inscricións deberán formalizarse no número de teléfono do do Concello de Covelo 986650027 (ext. 4) ou 986594033 de luns a venres de 8.00 h a 14.00 h. O curso, que será de balde para os/as participantes, atenderá a un máximo de quince participantes en situación de desemprego ou traballadores/as en activo.

Esta é unha iniciativa do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación realizado en colaboración co Concello de Covelo. A concelleira de Formación e Emprego, Lourdes Enes, anima a todas as persoas a seguir formándose para poder atender ás novas demandas do mercado laboral.