Declaración conxunta da AECT Río Miño, CIM Alto Minho e Deputación de Pontevedra sobre os fondos POCTEP 2021-2027

No relativo á consulta pública do Programa de Cooperación Transfronteiriza

Tui | Declaración conxunta da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, a Deputación de Pontevedra e a AECT Río Miño/Minho sobre a consulta pública dos traballos para a preparación do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal POCTEP2021-2027

CONSIDERANDOS:

1. A área territorial de intervención da “Estratexia Común de Desenvolvemento Transfronteirizo Portugal-España”, aprobada polos xefes dos Goberno de Portugal e España, no Cume Ibérico da Garda, en outubro de 2002, e o estipulado no Regulamento (EU) 2021/1059 do Parlamento Europeo e do Consello, de 24 de xuño, estabelece disposicións específicas relativas ao obxectivo de Cooperación Territorial Europea (Interreg), nomeadamente as NUT III de fronteira como territorios albo prioritarios do programa de cooperación transfronteiriza.

2. O proceso de elaboración da proposta do programa foi centralizado e vertical e as entidades representativas dos territorios fronteirizos non tiveron oportunidade de participar activamente no proceso, máis alá de responder enquisas dixitalmente, sen participación en foros ou encontros de debate.

3. O territorio fronteirizo Alto Minho-Pontevedra é un espazo de cooperación singular que inclúe a zona fronteiriza mais densamente poboada entre España e Portugal; en cinco dos seus puntos de cruce fronteirizo (dos 64 existentes entre España-Portugal), rexístranse máis do 50 % do total do fluxo de vehículos de pasaxeiros, con cerca de 13.000 traballadoras e traballadores transfronteirizos; ten en desenvolvemento un proceso de planificación-estratéxica (Estratexia Río Miño 2030) cunha ampla participación, contando con tres eurocidades e outras dinámicas informais de cooperación; e dispón do único río internacional con prácticas de xestión conxunta e clasificado a nivel europeo como espazo integrado na Rede Natura 2000, ademais dun vasto patrimonio cultural material e inmaterial común.

4. Os agrupamentos europeos de cooperación territorial, xunto cos seus asociados, son os mellores coñecedores e máis próximos das realidades socioeconómicas dos seus territorios, a pesar de que son recoñecidos expresamente na proposta do programa. En particular, desde 2018 o territorio do Alto Minho-Pontevedra dispón dun AECT consolidado e recoñecido institucionalmente con traballo conxunto e efectivo de natureza transfronteiriza.

5. A fronteira entre España e Portugal estivo pechada máis de medio ano durante a pandemia da COVID-19 por decisión dos gobernos centrais de ambos os países e sufriu un impacto dobre, no que a hostalaría, a restauración e o comercio foron os sectores máis afectados no territorio fronteirizo, cun prexuízo de facturación de cerca de 92 M €, con perdas extra dun 12 % e dun 19 %, respectivamente. A economía da rexión perdeu cerca de 180.000 horas efectivas de traballo nos desprazamentos transfronteirizos e víronse afectados máis de 25.000 traballadoras e traballadores transfronteirizas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, máis de 10.000 son das NUT III Alto Minho, Pontevedra e Ourense.

Presentamos as seguintes REIVINDICACIÓNS:

1. Que sexan modificados os criterios subxacentes á definición da zona de intervención do programa POCTEP, considerando os territorios NUT III de fronteira como zonas prioritarias, admitíndose complementariamente outros proxectos doutras entidades sempre que teñan impacto nos territorios mencionados. Concretamente, reclámase que o 75 % dos fondos POCTEP se invistan nos territorios situados a menos de 50 quilómetros da fronteira.
2. Que no proceso de elaboración do programa se inclúan e teñan en conta dinámicas territoriais transfronteirizas de proximidade co obxectivo de permitir unha visión global da cooperación transfronteiriza entre España e Portugal como obxectivo de definir estratexias de desenvolvemento axustadas aos verdadeiros contextos e desafíos dos territorios afectados.
3. Que se xustifiquen os criterios de selección de áreas funcionais identificadas no obxectivo 6 do programa e que se recoñeza, ademais da Reserva Mundial da Biosfera Gerês-Xurés, o territorio do río Miño como área funcional.
4. Que se recoñezan expresamente os AECT como beneficiarios/destinatarios potenciais dos obxectivos de intervención, nomeadamente con capacidade de xestión de intervencións territoriais integradas.
5. Que se se lles dea prioridade na proposta de programa aos proxectos dos territorios transfronteirizos que sufriron un dobre impacto pola crise da COVID-19, en particular no nivel de desenvolvemento e cohesión económica, ao nivel, por exemplo, dunha convocatoria específica para un proxecto estruturante centrado no río Miño transfronteirizo.

Tui, 22 de febreiro 2022

Manoel Batista Calzada Pombal – Presidente da CIM do Alto Minho

M.ª del Carmen Silva Rego – Presidenta da Deputación de Pontevedra

Rui Pedro Teixeira Ferreira da Silva – Director do AECT Rio Minho