David Regades ingresa na dirección da World Free Zones Organization

A decisión foi ratificada durante a súa Asemblea Xeral en Panamá

Aldea Global | Cos votos das delegacións internacionais das Zonas Francas e Zonas Económicas Especiais do mundo, David Regades, Delegado do Estado da Zona Franca de Vigo, ingresou na dirección da World Free Zones Organization (WFZO), unha entidade que representa a máis de 2.200 zonas francas en 168 países xerando máis de 90 millóns de empregos, durante a Asemblea Xeral desta entidade celebrada en Cidade de Panamá.

É a primeira vez na historia da Zona Franca de Vigo que un dos seus delegados forme parte deste máximo órgano reitor da WFZO. En 2024, Regades xa fora designado para a Comisión Internacional da WFZO.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.