CxG defende a intervención urxente da Armada e a construción dunha planta desalinizadora en Vigo

Indica que ante a extrema seca é necesario construir en Coruxo unha planta desalinizadora

Vigo | CxG defende o investimento en medidas de aforro e consumo responsable no canto de obras que afecten aos cauces ecolóxicos dos nosos ríos. A longo prazo aposta por investimentos na potabilizaciòn da auga mariña para salvagardar os recursos pluviais galegos. A política de trasvase Verdugo-Oitaven é unha nefasta decisión política, que non arranxará os problemas da seca no longo prazo.

Ante a seca que afecta á comarca de Vigo, desde Compromiso por Galicia, queremos propor toda unha serie de medidas, tendentes a reducir o gasto do recurso hídrico promovendo a reutilización, o aforro e a utilización de medios alternativos. Así é que os galeguistas propoñen a captación das augas do mar para a súa adecuación a uso común como medio alternativo e mais eficaz, frente as propostas de trasvase Verdugo-Oitaven que defenden desde a alcaldia de Vigo. A instalación dunha planta desalanizadora nos terreos hoxe xa ocupados pola depuradora da Ria de Vigo, na foz do rio Lagares, é unha solución a longo prazo para solucionar os periodos de seca que seguiremos a vivir no futuro, seguramente con moita intensidade.

A intervención da armada e do exército, neste caso como medida urxente, tiña que estar a ser xa proposta desde as administracións intervintes no conflicto.

Ao tempo, Xoán Antonio Cortés, secretario local da formación galeguista, insiste na implantación da facturación segundo o consumo como medida para incentivar o aforro e a reutilización. Apunta neste sentido que nestes dias estamos asistindo novamente a un dos diversos sainetes entre o alcalde e o PP, unha teatralización das suas ineptitudes e das suas miserias políticas, unhas políticas de enfrontamento que unicamente perxudican finalmente á cidade. A forza galeguista como medida urxente reclama das administracións responsaveis que fagan un chamado para iniciar a intervención da armada española e inicien a potabilización das aguas coas suas infraestruturas, unha medida provisional mentres non se regularize a situación.