CUT Citröen denuncia “abusos” sobre o modelo de xestión empresarial

Ante os anuncios de "non actividade" no sistema 1 a partires deste luns 16 de xaneiro

Vigo/CUT Citröen | A sección sindical da CUT Citröen que mostrar o seu rexeitamento ante o que entendemos un uso abusivo que realiza a direccion para avisar da non actividade no sistema 1 a partires deste luns 16 de xaneiro.

No día de hoxe, a dirección volta a deixar claro que non vai asumir as consecuencias do seu modelo de xestión suscrito por alguns sindicatos.

As persoas traballadoras do sistema 1 recibiron comunicacions telefonicas para informarlle da NON actividade no sistema 1, vulnerando o derito a desconexion dixital no tempo de lecer durante a fin de semana.

As persoas traballadoras precisan do seu tempo de descanso e precisan coñecer de xeito previo a sua xornada para poder conciliar a vida laboral coa familiar, e non poden vivir pegados ao telefono para saber si se traballa ou non, pretendendo a empresa unha dispoñibilidade absoluta as 24 horas – 7 dias da semana. Estando inmersos nun periodo de consultas para o ERTE solicitado por Citroen para o 2023, exiximos se regulen os mecanismos de preavisos para que non siga acontecendo este abuso sistematico por parte da empresa.

A CUT realizou propostas nesta negociación asequibles para que a empresa en caso de incumprir con determinados previsos se vexa penalizada e non lle saia gratis as continuas modificacions na actividade das persoas traballadoras. Apelamos a os demais sindicatos que non lle den un cheque en branco permitindolle a direccion a faculatade de xestionar libremente e sen xustificación suficiente a nosa xornada laboral.

Insistimos na necesidade da negociación dos preavisos e que non aconteza como en anteriores ERTEs onde non existiu porque a empresa non lle interesaba.

Do mesmo xeito exiximos a negociacion dun calendario dos dias de ERTE. E que non sexamos as persoas traballadoras as que teñamos que asumir todalas consecuencias

Stellantis Vigo, condenada por vulnerar a liberdade sindical
Por outra banda, Stellantis Vigo, a antiga Citröen, ven de ser condenada por vulneración do dereito a liberdade sindical contra a sección sindical da CUT, neste caso por reiterada omisión de información en canto a informes técnicos. A sala do social do TSXG tamén estableceu unha indemnización de 3.125€. A CUT denuncia “o ninguneo” por parte da empresa que “pretende descualificarnos publicamente” ao definilos como “sindicato minoritario”. Tamén criticou que a empresa non notificara que o propio TSXG ordenou a repetición do xuízo do ERTE 2021 e o do ERTE 2022, anteriormente denunciados pola CUT.