Crecemento poboacional de Ribadumia

O INE comunica 5.157 habitantes neste Concello pontevedrés

Ribadumia | O Concello de Ribadumia informa que esta semana se recibiron as cifras oficiais de poboación remitidas polo Instituto Nacional de Estatística. Este organismo comunica que os datos oficiais referidos ao 1 de xaneiro do 2021 reflicten un total de 5.157 habitantes pertencentes ao noso municipio.

Deste xeito, constátase o crecemento poboacional que Ribadumia está a vivir nos últimos anos (recordemos que as cifras oficiais do ano anterior reflectían un total de 5.105 habitantes).

Para o equipo de goberno resulta innegable a relación entre este incremento e os programas de conciliación que existen no Concello tales como o plan madruga, a escola de verán ou a escola de ocio. Estes servizos permiten ás familias a conciliación entre a vida familiar e laboral e supoñen unha das apostas máis fortes deste equipo de goberno na área de política social e conciliación familiar.

Dende o goberno municipal quérese insistir na importancia de seguir fomentando este tipo de políticas e ampliar o máximo posible os recursos que se destinan ás mesmas para que este incremento poboacional siga na mesma liña e deste xeito consigamos atraer cada vez máis habitantes ao noso municipio.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos