Covelo celebrará cun novo formato a XL edición da Festa do Churrasco

En colaboración do comercio local

O Covelo | Ao non ser posible organizar a festa do churrasco a causa da situación de Covid que lamentablemente un ano mais nos obriga a cancelar o evento, dende o Concello de Covelo impulsan unha iniciativa de cambio na organización que podería facer posible celebrala, facendo colaboradores a hostalaría do concello con un novo formato da que será a XL edición da festa do churrasco.

Recibirán de forma gratuita a mesma cantidade de churrasco de porco, tenreira e criollo todos os hostaleiros colaboradores que prácticamente serán a totalidade dos establementos do concello, así quen desexe degustar o mellor churrasco poderá facelo con reserva previa antes do 25 de xullo o mesmo prezo de 6,00 € como se viña facendo no Campo da Feira donde tradicionalmente se celebraba esta festa gastronómica.

O concello xa ten publicado na paxina web www.concellodecovelo.es o cartel cos establecementos colaboradores e encargarase de promocionar o evento con publicidade, trípticos, etc, para que poidamos saber donde comer o mellor churrasco o día 25 de xullo.