Control de entrada de uva foránea na provincia de Ourense

Participan Goberno central e autonómico e consellos reguladores

Ourense | A Subdelegación do Goberno acolleu unha reunión de coordinación para o control de entrada de uva foránea, como leva acontecido desde fai anos.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participaron neste encontro que sirve para que a Xunta, consellos reguladores de denominación de orixe e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, se coordinen para impedir a posible entrada de uva foránea a través do transporte por estrada con destino ás zonas amparadas por denominacións de orixe vitivinícolas. O fin último é protexer e preservar a calidade dos viños galegos e o seu valor no mercado de cara a vindeira vendima prevista para o mes de setembro.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.