Consello da Cultura Galega e a asociación Ponte…nas ondas! presentan o proxecto Meniños Cantores 2

Este 2 de decembro en Santiago de Compostela
O proxecto trátase dunha iniciativa de recuperación do patrimonio inmaterial galego-portugués realizado por 17 centros educativos ao longo da fronteira entre ambos países.

Santiago de Compostela | O Consello da Cultura Galega e a asociación Ponte… nas ondas! presentan este xoves, 2 de decembro, o proxecto Meninos Cantores 2. Trátase dunha iniciativa de recuperación do patrimonio inmaterial galego-portugués realizado por 17 centros educativos ao longo da fronteira entre ambos países.

Na rolda de prensa darase conta do traballo de elaboración deste proxecto que inclúe un libro, unha serie documental e un espazo web.

Datos da rolda de prensa:
Data: xoves, 2 de decembro de 2021, ás 11:00 horas
Lugar: Consello da Cultura Galega
Asisten:
Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega
Rosa Vilas, adxunta a dirección xeral da CRTVG
Valentín García, representante da Xunta de Galicia
Santiago Veloso, presidente PNO!
Segundo Grandío, produtor de Meniños Cantores
Fernando Abreu. Profesor/músico/”padriño” co Cuarteto Caramuxo do IES Salvaterra de Miño.

Outros artigos