Conferencia: “O colesterol, un grande descoñecido”

Na casa cultural de Arcos, sábado 16 ás 20h

Ponteareas | Este sábado día 16, ás 20 horas, a Casa Cultural de Arcos acolle unha conferencia baixo o título “O colesterol, un grande descoñecido” a cargo do noso veciño e bioquímico Jose Manuel Rodríguez Rodríguez quen falará sobre a investigación científica no eido da saúde e o colesterol como un factor de risco nas enfermidades cardiovasculares e exporá os retos e avances científicos para combater a principal causa de morte no primeiro
mundo.

Jose Manuel Rodríguez naceu en Arcos, estudou na Universidade de Vigo, e na Complutense de Madrid onde se licenciou como Bioquímico. Doutor en Bioquímica e Bioloxía Molecular pola Universidade Complutense de Madrid, fixo a súa tese doutoral no Centro de Investigacións Biolóxicas do CSIC (CIB-CSIC). Desenvolveu a súa carreira científica durante 11 anos na Rockefeller University de Nova Iorque (USA) e como asesor científico do
departamento de enfermidades cardiovasculares do CHUVI. Dende hai tres anos tenta implementar as súas liñas de investigación no Instituto de Investigacións Sanitarias Galicia Sur (IISGS). O seu traballo sempre estivo enfocado ao estudo das enfermidades metabólicas e cardiovasculares, utilizando diferentes modelos de estudo como células, fungos ou ratos. Logrou descifrar as bases xenéticas dalgunhas enfermidades do catabolismo dos aminoácidos. No eido das enfermidades cardiovasculares, descubriu novos factores e rutas implicadas na
formación da Aterosclerose, enfermidade que desencadea a aparición dos Infartos ou dos ictus isquémicos, a principal causa de morte no noso entorno.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!