Concerto de Crúas para honrar as Letras Galegas en Ribadavia

Este 15 de maio no Museo Etnolóxico

Ribadavia | Con motivo do Día das Letras Galegas, o 15 de maio ás 7:30 da tarde terá lugar a actuación de Crúas no Museo Etnolóxico (Ribadavia)

Crúas é un proxecto musical nado en Galicia que lle dá nova vida á poesía galega, poñendo voz e música a versos de autoras e autores como Rosalía de Castro ou Luz Pozo Garza. A través de ritmos actuais e tradicionais, Alba Ermida e Iria San Marcial achegan a poesía ao público de todas as idades, creando un espectáculo emotivo e cheo de sensibilidade no que a palabra e a música se funden para celebrar a nosa lingua e cultura.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.