Concello do Porriño contratará a 21 persoas

Para reforzar os servizos municipais

O Porriño | O Concello do Porriño abre o proceso de selección para a contratación de 21 persoas desempregadas que desenvolverán funcións en diferentes servizos municipais.

Serán concretamente 1 oficial de carpintería, un de soldadura, un de albanelería, un tractorista-condutor con guindastre e dous peóns de obra pública para o Departamento de Obras; 8 peóns forestais para o Departamento de Parques, xardíns e limpeza; 1 auxiliar de enfermería para a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) e 6 conserxes para diferentes departamentos municipais.

Estas contratacións efectuaranse con cargo ao Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra e o Concello do Porriño fará unha aportación de preto de 50.000 euros.

“Para nós é unha prioridade contar con persoal para poder prestar os servizos públicos aos que á cidadanía ten dereito e neste momento os nosos medios son insuficientes. Por iso estas contratacións non só servirán para incorporar ao mundo laboral a 21 persoas que se atopan en situación de desemprego, senón que permitirá ao Concello atender ás necesidades da veciñanza como corresponde”, sinalou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

Hai que destacar que as persoas que se van contratar terán que estar inscritas no Servizo Público de Emprego que será o encargado de facer a preselección, por iso é importante que todas as persoas interesadas se inscriban nos seguintes códigos de ocupación para cando se presenten as correspondentes ofertas de emprego:

1 Oficial 1ª de carpintería: 71311049
1 Oficial 1ª soldador: 73211020
1 Oficial 1ª de albanelería: 71211015
1 Oficial 1ª tractorista-condutor con grúa e outros servizos: 83221013
2 Peóns de obra pública: 96011029
9 Peóns forestais: 95431028
1 Auxiliar de enfermería: 56111013
6 Conserxes: 58331022