Concello de Vigo e Vitrasa conmemoran o Día Europeo sen Coches con varias liñas de bus gratuítas

Este 22 de setembro dentro da Semana Europea da Mobilidade Sostible
A liña de bus Vitrasa colabora co Concello de Vigo con varias liñas urbanas gratuitas este 22 de setembro.

Vigo | Co obxectivo de fomentar o uso do transporte público, as lanzadeiras á Universidade e o bus turístico serán de balde o próximo 22 de setembro, coincidindo co Día Europeo sen Coches. O rexedor puxo en valor o premio que vén de recibir a cidade recoñecendo as ramplas da Gran Vía e o carril bici como experiencias exitosas dentro da Semana Europea da Mobilidade Sostible.

Concello e Vitrasa Vitrasa, súmase un ano máis, e con este xa son quince, á Semana Europea da Mobilidade con diversas iniciativas que teñen por obxectivo fomentar e pór en valor o uso do transporte público entre os vigueses e viguesas, por ser un dos medios máis cómodos, sustentables e respectuosos co medio ambiente para desprazarse pola cidade.

En concreto, o 22 de setembro de 2021, Día Europeo sen Coches, as liñas lanzadeiras ó CUVI (U1 e U2) serán de balde durante toda a xornada. Tamén o Bus Turístico será de balde o mesmo mércores 22 de setembro para os usuarios da tarxeta PassVigo, previa reserva online do billete na plataforma Woutick!. Haberá catro viaxes dispoñibles: ás 10:00, 12:00, 16:30 e 18:30 horas.

As limitacións de aforo establecidas pola Xunta de Galicia nos autobuses urbanos (que limitan a 1/3 a ocupación nas prazas de pé) impiden unha maior promoción do transporte público, tal e como explicou o rexedor, unha situación que contrasta co transporte interurbano ou o transporte escolar, con aforo habilitado ao 100%.

Isto significa un inmenso custo para as arcas municipais e unha diferencia respecto de outras comunidades autónomas con maior incidencia de pandemia. En verbas do rexedor, esta decisión non responde a criterios sanitarios polo que “reclamamos á Xunta con urxencia que reconsidere esta decisión”.

Recoñecementos en mobilidade sostible
O alcalde lembro en declaracións aos medios que a cidade vén de recibir outro premio dentro da Semana Europea da Mobilidade Sostible 2020, na categoría de municipios de máis de 50.000 habitantes.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica considerou “experiencias existosas” as ramplas da Gran Vía e o carril bici. Respecto deste último proxecto, o xurado recoñeceu o traballo municipal para “velar pola seguridade dos ciclistas nos novos carrís bicis instalados na cidade”, subliñando a separación física entre a vía ciclista e a de vehículos a motor e e redución da velocidade máxima nos carrís compartidos.

Sobre as ramplas da Gran Vía, sinala “os esforzos por facer da cidade un entorno amigable para os peóns, fomentando os desprazamentos á pé”. Xunto co beneficio medioambiental, tamén valora o impacto social e o uso das tecnoloxías da información e comunicación. Xa en 2015, o Concello foi distinguido nestes galardóns polas escaleiras mecánicas de Porta do Sol.