Concello de Salvaterra licita os accesos en Coto e O Couto

No marco do Plan Camiños 2023-2024

Salvaterra de Miño | O Concello iniciou a licitación para a mellora de accesos en Coto (Oleiros) e o Couto (Salvaterra) a través do Plan Camiños 2023-2024, financiada mediante a subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais.

As obras teñen un importe de 55.166 euros (a dividir entre os dous anos), asumindo o Concello o valor restante de 11.584,86 euros.

O Concello segue co plan de mellora da súa rede viaria, neste caso coas obras de mellora de drenaxe e pavimentación de dous camiños municipais de acceso aos lugares de Coto, na parroquia de Oleiros e O Couto, na parroquia de Salvaterra, que nestes momentos se atopan nun estado de notable deterioro.

Con estas obras o que se pretende é mellorar a calidade e a seguridade dos viais. Ademais no tramo do Coto en Oleiros executarase un tramo de cuneta revestida de formigón para dar solución a evacuación das augas pluviais no vial.