Concello de Ribadumia estrea nova sede electrónica

Co acceso a través do sistema de autentificación “Clave”

Ribadumia | O Concello de Ribadumia quere informar de que xa está en funcionamento a nova Sede Electrónica municipal. Trátase dunha páxina web máis dinámica e intuitiva, onde se recollerán os asuntos de máis relevancia do Concello. Así mesmo, está operativo tamén o acceso á Sede a través do sistema de autentificación “Clave”.

Este sistema, a diferenza do certificado dixital, non ten caducidade nin custo para os cidadáns e, unha vez activado, non require nada máis que o uso dun usuario e un contrasinal. Esta nova Sede, supón un esforzo máis do equipo de goberno no intento de mellorar á accesibilidade dos veciños e veciñas e no intento de axilizar os trámites entre cidadáns e a administración.