Concello de Oia alerta dun posible fraude no seu nome

Con chamadas telefónicas sobre un suposto abaratamento da factura eléctrica

Oia | O Concello de Oia vén de ter coñecemento dunha posible fraude anunciando un posible abaratamento da factura eléctrica e para o cal se estaría actuar en nome do propio Concello.

Nos últimos días tense detectado a unhas persoas visitando casas na parroquia de Loureza, indicando que acudían en nome do Concello co obxectivo de modificar os contratos da luz para abaratar a factura. O Concello desminte que estea a facer este tipo de xestións, advertindo da posibilidade de que se trate dunha actuación fraudulenta.

O Concello alerta de que estas persoas acoden aos domicilios con datos persoais da veciñanza e, tras insistir en que non se trata de persoal municipal, pide aos veciños e veciñas que teñan especial precaución e que desconfíen cando se vexan nunha situación como a descrita.

Chamadas telefónicas fraudulentas
Por outra banda, a Administración local tamén vén de ter coñecemento doutras actuacións posiblemente fraudulentas a través de chamadas telefónicas onde se solicitan datos persoais de distinto tipo. Nun dos casos, na chamada fanse pasar por persoal do centro de saúde, preguntando posibles patoloxías co obxectivo posterior de vender soletas (plantillas) para os pés. Noutros casos, as chamadas teñen que ver con asuntos bancarios.