Concello de Mos aproba por unanimidade o Plan Municipal de Apoio á Hostalería

Dotado de 100.000 euros de fondos propios

Mos | Aprobada por unanimidade, cos votos a favor de todos os membros da Corporación Municipal, a moción presentada con carácter de urxencia a proposta da Alcaldía do Concello de Mos, para aprobar o Plan Municipal de Apoio á Hostalería.

A aprobación unánime deste Plan produciuse no Pleno do mes de maio, sesión ordinaria, celebrado esta mañá telemáticamente por videoconferencia, dada a situación de nivel máximo de incidencia por COVID-19 na que se atopa o municipio.

O sector que está a ser o gran damnificado pola crise da COVID-19, o da hostalería, está a sufrir agora no municipio de Mos un novo varapalo derivado do nivel máximo de incidencia no que se atopa o Concello e que o vindeiro sábado obrigaralles a pechar de novo as súas portas.

“O sector que está a ser o gran damnificado pola crise da COVID-19, o da hostalería, está a sufrir agora no municipio de Mos un novo varapalo derivado do nivel máximo de incidencia no que se atopa o Concello e que o vindeiro sábado obrigaralles a pechar de novo as súas portas”

É por elo que na sesión da Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 en Mos, celebrada onte ás 14.00 horas, decidiuse a posta en marcha dun Plan Municipal de Apoio á Hostalería mosense. Sobre o devandito plan a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou de que se trata dun programa que inclúe una liña de axudas para compensar aos hostaleiros que quedaron fóra do Plan de Rescate da Xunta de Galicia e outra de subvencións directas aos 75 negocios do sector existentes en Mos.

A primeira das liñas, destinada a completar o plan autonómico para que chegue ao 100% dos hostaleiros mosenses, está dotada de 25.000 euros. A segunda liña contempla axudas directas de 1.000 euros aos 75 hostaleiros de Mos, sumando 75.000 euros.

“A primeira das liñas, destinada a completar o plan autonómico para que chegue ao 100% dos hostaleiros mosenses, está dotada de 25.000 euros. A segunda liña contempla axudas directas de 1.000 euros aos 75 hostaleiros de Mos, sumando 75.000 euros”

Entre ambas liñas o Plan Municipal repartirá un total de 100.000 euros que pretenden “facer unha contribución a supervivencia destes negocios que tan mal o están a pasar desde o comezo da pandemia e que ahora, con este novo peche a nivel local, atópanse xa desesperados, como é lóxico”, comentaba a rexedora.

A alcaldesa insistiu “na vontade de apoiar aos negocios hostaleiros con este novo plan e darlles un pulo para lograr saír desta crise derivada da COVID-19, -que en Mos se acrecenta con esta situación de nivel máximo que estamos a vivir-, e tentar recuperarse deste novo varapalo que voltan a sufrir co peche das súas portas ao público desde o sábado”.

“En momentos de crise coma estes queremos axudalos e apoialos, por iso decidimos desde a administración local mosense poñer en marcha esta ferramenta coa que queremos aportar positivismo á tan damnificada hostelería”. Concluíu Arévalo. Cómpre lembrar que desde o Concello de Mos xa se decidira tamén o ano pasado a exención de taxas de lixo e vaos como apoio municipal polo peche temporal da hostelería e que se aplicou a iniciativa municipal.

A exención fíxose efectiva no primeiro recibo do ano 2021 previa solicitude dos titulares coa axuda e asesoramento da Axencia de Colocación de Mos.

Suspensión da Festa da Rosa 
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou na sesión ordinaria do Pleno do mes de maio, celebrado esta mañá telemáticamente por videoconferencia, dada a situación de nivel máximo de incidencia por COVID-19 na que se atopa o municipio, que precisamente por este motivo, queda suspendida a programación da Festa da Rosa 2021; manténdose unicamente (pero sen público) o acto institucional do día 13 de xuño coa presenza da Corporación Municipal, que terá uns pregoeiros de honra como son o ciclista mosense, gañador dun Tour e embaixador de LA VUELTA, Óscar Pereiro, e o director de LA VUELTA, Javier Guillén. O acto será retransmitido en directo a través das redes sociais oficiais do Concello de Mos.

O Concello de Mos tiña prevista a presentación oficial do programa de actividades culturais da Festa da Rosa 2021 o pasado venres 28 de maio. Presentación que non chegou a realizarse dada a situación sanitaria actual do municipio.

“O Concello de Mos tiña prevista a presentación oficial do programa de actividades culturais da Festa da Rosa 2021 o pasado venres 28 de maio. Presentación que non chegou a realizarse dada a situación sanitaria actual do municipio”

A devandita programación incluía o festival musical infantil Canto Conto o domingo 30 de maio, o xoves 10 de xuño a inauguración da Exposición “Camiño do Encaixe” de Ana Rosa Liste no Pazo de Mos, o venres 11 de xuño Cine na rúa coa proxección de “María Soliña” nos exteriores do Centro Dotacional de Torroso, o domingo día 13 de xuño concerto de Andrea Pousa nos exteriores do Centro Dotacional de Torroso, e o sábado 18 de xuño “DesfilaMOS”, desfile de deseños de Encaixe de Bolillos organizado pola Asociación de Palilleiras de Mos nos exteriores do Pazo de Mos.

Esta programación queda por tanto suspendida e unha partida das destinadas a financiala dedicarase a poñer en marcha unha campaña de promoción e difusión publicitaria masiva da hostalería mosense incluída no plan ‘Queda en Mos. Todo ao teu alcance’, como así o comunicou a rexedora local mosense.

Con esta campaña preténdese darlle un gran pulo aos locais hostaleiros de Mos durante o verán, unha vez superado o nivel máximo de restriccións no que se atopa o municipio, e fomentar que tanto veciñanza mosense como de concellos da contorna e incluso turistas consuman en bares, restaurantes, taperías e cafeterías de Mos.

Dita campaña incluirá múltiples accións entre as que se atoparán a instalación de mupis publicitarios en Sanxenxo, promocionando o fin de etapa en Mos da etapa 20 de LA VUELTA 21 (Sanxenxo-Mos) o 4 de setembro, de xeito que tanto habitantes de Sanxenxo como veraneantes que alí se atopen se animen a coñecer Mos e a consumir nos negocios de hostalería de Mos.

O que sí se manterá dentro da programación da Festa da Rosa 2021 será o Concurso de Rosas, que se levará a cabo a través dunha iniciativa en redes sociais que pronto se detallará, e que contribuirá a manter e non perder as tradicións locais, sendo unha das máis senlleiras o devandito concurso.