Concello de Mondariz atende as queixas veciñais sobre a corta das sobreiras de Toutón

Xestionará a súa poda coa Deputación de Pontevedra

Mondariz | O Concello de Mondariz contactou cos técnicos da Deputación de Pontevedra para trasladar as numerosas queixas veciñais referidas á corta desas sobreiras centenarias situadas á beira da estrada provincial PO-9202 na parroquia de Toutón e, finalmente, confirmaron que son serían cortadas.

De seguido, operarios municipais do Concello de Mondariz procederon a rectificar as marcas sobre estas dúas sobreiras para evitar posibles erros durante o proceso de corta de árbores nas beiras das estradas provinciais, que comezará proximamente.

Como as ramas das sobreiras cubren a estrada e resultan incómodas para o paso de vehículos voluminosos, como os autobuses escolares, o Concello de Mondariz xestionará coa Deputación de Pontevedra a poda das mesmas nun futuro próximo para garantir a seguridade viaria sen ter que cortar as árbores.