Concello de Lugo fai a entrega simbólica de 100 estandartes decorativos de “Arde Lvcvs”

Presentouse o spot promocional do Arde Lucvs 2021

Lugo | Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, asistiu ao acto organizado pola área de Xuventude, dirixida por Mauricio Repetto na que se realizou a entrega simbólica de 100 estandartes decorativos de Arde Lucus para balcóns e ventás, que se esgotaron pasados os 15 minutos.

Méndez destacaba o “éxito da convocatoria” que pon de manifesto que “toca reinventarse e con iniciativas deste tipo pretendemos xerar optimismo á veciñanza, pero velando sempre pola seguridade dos nosos veciños e veciñas”. Pola súa banda o edil animaba aos asistentes a compartir esta nova para “encher a cidade de mensaxes que axudarán a non perder o espírito desta gran festa de recreación histórica”.

Minutos antes do reparto das bandeloras castrexas e romanas, reproduciuse o spot promocional do XX Arde Lvcvs, producido por Festigaleiros e rodado integramente en Lugo, no mesmo participaron as asociacións de recreación histórica lucense ademais dos actores galegos Sergio Pazos e Andrés Castelo.

“Minutos antes do reparto das bandeloras castrexas e romanas, reproduciuse o spot promocional do XX Arde Lvcvs, producido por Festigaleiros e rodado integramente en Lugo”

No vídeo, Xulio César convoca ao pobo romano e castrexo da cidade de Lugo para comunicarlles que este ano teñen que conquistar ou mundo e que o van a facer por streaming. O edil animou a todo o mundo a seguir a retransmisión na canle oficial de YouTube (@ArdeLvcvs) o sábado 19 de xuño de 16.00h 18.30h.

A recollida de estandartes poderá realizarse na Casa da Xuventude, ata o 15 xuño en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.30 h. Para recoller o mesmo deberá presentarse: DNI e enderezo do domicilio familiar, así como comprométerse a colgar do balcón/ventá da súa casa, dende o 14 ao 20 de xuño, o estandarte recollido nas dependencias municipais e subir unha fotografía co cancelo #AvivandoAchama.

A rexedora agradeceu a participación dos veciños de Lugo, que “nos axudan a embelecer a cidade a través das súas fiestras, balcóns ou fachadas e como non a avivar a chama da nosa gran festa de recreación histórica outro ano máis”.