Concello da Coruña opta a 12,2 M€ de fondos Next Generation

Presentará un total de 18 proxectos

A Coruña | A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, informou dos proxectos que o Concello presentará na segunda convocatoria de fondos europeos Next Generation. A previsión do Goberno municipal, de acadar ditas axudas, é levar a cabo un investimento de 12,2 millóns de euros.

O Concello presentará un total de 18 proxectos a esta convocatoria. Algúns dos obxectivos comúns destas iniciativas son a mellora da mobilidade, a accesibilidade nas rúas ou a instalación de novo mobiliario esencial. Tamén destaca unha nova ampliación do servizo de BiciCoruña.

Destacan así proxectos como a Mellora de accesibilidade na rúa Castiñeiros; Mellora de accesibilidade ao Centro Oncolóxico; Creación de escaleiras mecánicas en Adelaida Muro e Pintor Villar Chao; Reurbanización da rampla do Matadoiro; Melloras de accesibilidade entre Peruleiro e a rúa Barcelona; Melloras de accesibilidade na cidade; Reurbanización das rúas Cultura, Pintor Francisco Llorens e Pintor Joaquín Vaamonde; Reurbanización das rúas San Mateo e Padre Sarmiento; Glorietas na avenida de Fisterra; Reurbanización de Pla y Cancela; Reordenación do cruzamento entre a rúa Bergondo e a avenida Casanova de Eirís; Urbanización da avenida da Sardiñeira; Reurbanización da praza Pintor Laxeiro; Reforzo da sinalización de pasos de peóns; Mellora de accesibilidade nas paradas de autobús; e Ampliación de BiciCoruña.

Deputación fará ciclo formativo de xestión dos fondos Next Generation
A Deputación da Coruña, en colaboración co Consello de Contas de Galicia, organizará durante os meses de outubro e novembro catro xornadas formativas para dar a coñecer o Plan Xeral de Prevención de Riscos e Medidas Antifraude (PREMADECOR), que ten o obxectivo principal de garantir unha adecuada xestión dos fondos europeos Next Generation. Estas xornadas, a celebrarse nos Concellos de Ortigueira, Curtis, Zas e Lousame, están dirixidas a persoas que exerzan algún cargo representativo nas entidades locais da provincia, a persoal funcionario e laboral e tamén a persoas interesadas en xeral.