Concello da Coruña investiu 5,5 millóns € en centros educativos en 2021

En xestión e mellora das escolas e colexios públicos de primaria
A alcaldesa coruñesa Inés Rey (centro) durante unha xuntanza do goberno local.

A Coruña | O Concello da Coruña investiu ao longo deste 2021 un total de 5.526.741 euros nos centros educativos. A concellaría de Educación, que dirixe Jesús Celemín, realizou unha intensa labor en diferentes áreas co obxectivo de mellorar a calidade educativa da mocidade. Nese sentido, a distribución do gasto dese orzamento ao longo do ano repartiuse en varios piares que centraron a actuación municipal.

É o caso do mantemento dos colexios e escolas, as obras en instalacións, a xestión das escolas e programas educativos. A partida con máis gasto foi a da xestión das escolas infantís, á que se destinaron un total de 2.438.638 euros. O mantemento dos centros supuxo, por outra banda, 1.996.915,70 euros.

O investimento en obras foi neste 2021 de 751.292 euros . Os traballos máis destacados deste período nos colexios foron a reforma da fachada do CEIP Raquel Camacho (257.357 euros), a rehabilitación enerxética das fachadas do CEIP María Pita (92.720 euros dos 143.058 de adxudicación que rematará en 2022), o acondicionamento da estrutura metálica do CEIP Cidade Vella (33.628 euros) e os traballos na cuberta dos centros Rosalía de Castro e Wenceslao Fernández Flórez (31.700).

En canto ás Escolas Infantís Municipais, destacan os traballos de conservación da cuberta da EIM de Montealto, cun orzamento de 42.500 euros. En total, investíronse en obras 665.775 euros nos CEIP e 85.517 euros nas EIM.

Estas actuacións enmárcanse dentro do compromiso do Goberno de Inés Rey coa educación e a renovación dos seus centros. O Concello acometeu durante este ano labores de mantemento e adecuación dos centros educativos que exceden as competencias municipais, xa que a maioría deles son competencia da Xunta de Galicia. Por iso, a 1 Nota de Prensa alcaldesa, Inés Rey, esixe ao goberno galego unha maior implicación co sector educativo coruñés de cara a este 2022.

II edición dos Bonos PRESCO
A segunda edición dos Bonos PRESCO, un programa impulsado polo Concello da Coruña para contribuír á reactivación económica da cidade, rematou cun balance de 718.830 en descontos a través dos bonos, promovendo vendas na cidade por un valor de 3.035.379 euros.

O Goberno municipal, que activou este segundo plan de incentivos ao consumo o día 15 de setembro do ano pasado, cun orzamento de 985.000 euros, destinou 400.000 ao pequeno comercio por medio do Bono Comercio; 235.000 para o Bono Cultura; outros 200.000 ao Bono Hostalaría; 100.000 euros para o Bono Estética; 50.000 euros para o Bono Taxi.

Neste sentido, tanto o Bono Comercio orientado ás compras no pequeno comercio e o Bono Estética, ideado este último para promover vendas nos salóns de peiteado e estética da cidade, consumiron o seu importe nun 100 %. A alcaldesa, Inés Rey destacou a satisfacción do goberno co funcionamento desta iniciativa que “amosou o compromiso do Concello coa reactivación económica da cidade e cos sectores que máis sufriron como consecuencia da pandemia”.

En total, uns 710 comercios de toda a cidade da Coruña participaron na segunda edición dos Bonos PRESCO, un plan que contou co apoio unánime de tódolos grupos da 1 Nota de Prensa corporación municipal para conformar un escudo social que axudase aos pequenos comerciantes e autónomos da cidade durante a pandemia da Covid-19. Ata o pasado 31 de decembro, o último día con validez para usar os descontos desta segunda edición dos Bonos PRESCO, unhas 50.831 coruñesas e coruñeses descargaron os bonos. Un total de 40 pequenos comercios chegaron ao tope dos 5.000 euros en descontos

Durante esta segunda campaña dos Bonos PRESCO, ata 40 establecementos da cidade da Coruña chegaron aos 5.000 euros en descontos fixados como tope para cada pequeno negocio.

De todos eles, 26 foron establecementos adscritos ao sector cultural (librarías, tendas de música e fotografía); 9 foron pequenos comercios como tendas de roupa e ferraxarías; 2 establecementos do sector da estética (locais de manicura e pedicura); e, por último, outros 2 negocios de hostalería. Este ano todos os establecementos participantes recibiron os importes descontados semanalmente.