Concello da Cañiza renova os vestiarios do pavillón deportivo “Carballo do Marco”

Investindo case 170.000€ na mellora das súas instalacións grazas ao Plan Concellos

A Cañiza | Unha reforma adxudicada á empresa Desarrollos Urbanísticos Jarma SLU.,  executada en dúas anualidades e subvencionada ao 100% polos Plan Concellos  2020 e 2021 da Deputación de Pontevedra, cun investimento total de 94.818,30€. 46.054,60€ investidos en 2021 e 48.763,70€ en 2022.

Coa execución desta II fase queda rehabilitada ao 100% esta zona de servizos, cumpríndose así un dos compromisos adquiridos polo Alcalde que no marco desta visita manifestou que “tiña un compromiso adquirido dende o 1º día de gobernanza co deporte, cos clubes e cos equipos deportivos, de mellorar as instalacións municipais onde desenvolven as diferentes disciplinas. Entre eles o Pavillón da Cañiza, unha instalación onde o Concello exerceu un importante esforzo inversor. Un total de 169.818,30€ en reformas e equipacións”.

Recorda o Alcalde que “o Concello destinou 50.000€ para a mellora da Cuberta e eliminación de humidades, 46.054,60€ para a reforma íntegra dun ala dos vestiarios e aseos, 25.000€ para a adquisición do videomarcador, aos que se suman agora outros 48.763,70€ desta obra de reforma que hoxe se inaugura”.  E engade que” tamén neste mandato se consegiu poñer en funcionamento o sistema calefactor do Pavillón”.

Esta mañá o Deputado Provincial Santos Héctor e o Alcalde Luis Piña visitaron as instalacións dos vestiarios do pavillón Carballo do Marco, recentemente rematados. Esta rehabilitación ven a completar as obras da I Fase de mellora dos vestiarios e aseos do pavillón, inauguradas o pasado 26 de outubro de 2021 pola Presidenta da Deputación Carmela Silva.

Unha obra de rehabilitación xustificada pola necesidade de subsanar con urxencia estas zonas da instalación que presentaban importantes deterioros estructurais e desperfectos acumulados durante 4 décadas.

A reforma incluíu a renovación das instalacións de electricidade e fontanería. Novos revestimentos nas paredes da zona de duchas e grifería. Pintado das paredes con pinturas resistentes á humidade e antimofo. Colocación de novo pavimento vinílico antiescorregadizo no chan dos vestiarios e do corredor de acceso. Sustitución do falso teito de madeira por aluminio e reparación das paredes dos corredores.

Despois de visitar as obras, acompañado do Deputado Provincial Santos Héctor, dos Concelleiros da Corporación Municipal, a Directiva, entrenadores e xogadores do Clube Balonmán Cañiza e do Xerente da empresa constructora, o Alcalde manifestou  que “esta mellora permitirá ofrecer un servizo de calidade aos usuarios e dotar ao pavillón dunha apariencia actual e moderna”. “Ademáis a obra encaixa  na política do Goberno municipal de rehabilitación e mantemento dos bens municipais existentes, aplicando rigor orzamentario, ao non ter que aportar o Concello ningún recurso propio”.

Para o Alcalde o Concello tiña unha débeda con esta instalación deportiva, construída no ano 1983 e que actualmente é unha das máis utilizadas polos clubes da Cañiza, principalmente polo Clube Balonmán Cañiza, “un clube de élite, do que estamos especialmente orgullosos todos os cañicenses”, con equipos en Primeira Nacional. O Sénior feminino que compite na Primeira División Honor Prata e o Sénior Masculino en Primeira Nacional Masculino Grupo A.  No pavillón Carballo do Marco se desenvolven e disputan diariamente actividades e importantes encontros e competicións deportivas “por iso a súa rehabilitación e mellora estaba máis que xustificada.