Concello da Cañiza asina convenio de colaboración para reimpulsar a Vía Mariana de Peregrinación Luso-Galaica

Coa finalidade de captar fondos da administración pública

A Cañiza | O Pleno do Concello da Cañiza celebrado o pasado 2 de xuño, aprobou a sinatura dun Convenio de Colaboración coa Asociación de Veciños de Parada – A Paradanta e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Parada de Achas para a recuperación do entorno do Feirón, na parroquia de Parada e punto medio e de encontro da Vía entre Braga e Muxía.

Neste emprazamento da Cañiza construirase un pequeno Albergue de Peregrinos nun antigo local que antaño estaba destinado á carnicería e dun moderno centro de interpretación no actual centro cultural do Feirón. Unha edificación que será rehabilitada e adaptada conforme aos proxectos cos que xa conta o Concello.

Dúas obras que serán definitivas para converter Parada, e polo tanto A Cañiza nun lugar de referencia para os peregrinos. Antes da Pandemia, en menos dun ano a Vía xa tiña expedida 500 credenciais e contaba con 5 páxinas de Facebook en 5 países en mans de socios colaboradores: Portugal, España, Alemania, Hungría e República Checa.

Segundo manifestou o Alcalde da Cañiza, Luis Piña, “esta vía é un proxecto altruista e ambicioso feito coa suma de talentos e vontades con moitos obxectivos á vista pero principalmente para atraer inversións e desenvolvemento para A Cañiza”.

“Por eso o Concello da Cañiza asume o compromiso de buscar e captar e obter a financiación necesaria para este proxecto, en calquera das administracións públicas (axudas da Unión Europea, ministeriais, autonómicas ou provinciais)”.

“Tamén se compromete a desenvolver todas aquelas accións que teñan como obxectivo principal o asentamento de bases para a creación de riqueza, neste caso co turismo como cun gran potencial para loitar contra a despoboación do rural e para dinamizar e promover accións económicas revitalizadoras”.

https://www.facebook.com/viamarianalusogalaica/

 

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos