Compromiso por Galicia traslada a indignación ante a situación da autovia Vigo – O Porriño

Segundo trasmite o secretario local da formación en Vigo, Xoán Antonio Cortés, estamos ante unha situación vergoñante para unha das principais vias de acceso e saída da cidade e que soporta un elevado tráfico pesado.

Vigo/CxG | Segundo palabras de Xoán Antonio Cortés, secretario local dos galeguistas: “Para alén do trazado mal feito do vial, con exceso de radio en moitas das curvas e contraperaltes perigosos, temos que engadir que a sinalización provisional engade mais incomodidade e perigo a unha via xa perigosa por si mesma”

“Se tivesemos represantes dignos nas institucións políticas teriamos que ter unha solución para unhas obras que tiñan que estar rematadas en 2017”, así de duro mostrou a indignación ante a paralización da situación nesta autovia que soporta sobre 30.000 desprazamentos diarios.

Unha situación que se está a prolongar no tempo e que segundo os galeguistas ten consecuencias na vida cotiá de milleiros de persoas que usan este vial a diario, sometidas ao “stress” de conducir baixo estas condicións. Desde CxG indican tamén que esta non é mais do que unha mais das malas xogadas políticas que finalmente pagamos toda a cidadania, xa que unha situación similar seria impesable, por exemplo, para calqueira das vias de acceso a Madrid. Ao tempo, visualizamos como Ana Pastor e Feijoo resultan de todo ineficaces para solvertan os problemas das xentes.

Os galeguistas queren instar aos deputados e deputadas galegas no Congreso de Madrid a que o seu apoio aos presupostos do estado teña unha vinculación a priorizar o investimento público en Galicia.

Coa mesma, desde CxG lanzan a pregunta que de que valen os deputados e deputadas en Madrid das distintas forzas políticas se non teñen a forza política e a dignidade para negociar uns presupostos xenerosos para Galicia ante un goberno en minoria.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!