Comeza o campamento de verán en Arbo

Cun total de 66 participantes nas instalación do C.E.I.P Antonio Carpinteiro

Arbo | Un total de 66 nenos e nenas de todo o municipio e incluso de concellos limitrofes ou que están nesta época en vacacións , tiñan cita o luns día 3 de xullo no C.E.I.P Antonio Carpintero donde daba comezo o Campamentos de Verán 2022, que se desenvolvera entre o 3 de xullo ata o 31 de agosto.

O Campamento Urbano que organiza o Concello de Arbo, pretende favorecer a conciliación familiar é ofrecer actividades lúdicas educativas de lecer e tempo libre, favorecer o crecemento persoal e a socialización da poboación infantil e desenvolver actividades que fomenten o interese e coñecemento.

Este proxecto lúdico-pedagóxico que desenvolverá a empresa SIF Servizos Integrais de Formación con monitores titulados de Arbo, ten como obxectivo promover a lectura, a literatura infantil nosa lingua, á vez que se introducen ensinos, valores, emocións…e outros moitos aspectos enriquecedores para o desenvolvemento integral de nenas e nenos.

Entre as actividades programadas están visitas guiadas, deporte, piscina, actividades de consumo, actividades culturais, manualidades…sempre coa finalidade desenvolver a imaxinación e a creativadad dos participantes.

O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, informa de que o campamento de verán, é necesario para poder levar a cabo a conciliación da vida familiar, laborar e persoal durante a tempada estival no que os centros educativos pechan por vacacións.

O rexedor segue informando que os nenos e nenas tamén precisan de programas de calidade onde se cubran todas a súa necesidade proporcionándolles actividades lúdicas que ao mesmo tempo lles permita aprender valores, educación, contornas estables, rutinas e hábitos e que ao mesmo tempo gocen.