Comeza a andar o proxecto ‘Dixitaliza o teu negocio’ do Concello de Ponteareas

Xa está aberta a inscrición para participar no plan de asesoramento e formación comercial na plataforma www.dixitalizaponteareas.com,

Ponteareas | O Concello de Ponteareas presentou este xoves a iniciativa ‘Dixitaliza o teu negocio’, con plans de formación e asesoramento individualizado para os comercios de Ponteareas e a planificación de estratexias empresariais adaptadas ao novo contexto provocado polo coroavirus

O plan, que inclúe tamén unha plataforma escaparate para o comercio de Ponteareas, “vai orientar e facilitar aos comercios a mellora do seu posicionamento online, permitindo coñecer todas as alternativas para que cada un escolla o seu método de dixitalización” explicou a concelleira de Promocion Econónmica, Eva Gil.

O proxecto presentado este xoves ten como finalidade unha maior visibilización dos negocios locais

O obxectivo desta iniciativa, segundo manifestou a concelleira nacionalista, “É desenvolver o potencial que ten todo o tecido empresarial do municipio e axudar na súa adaptación ás novas circunstancias do mercado e aos novos hábitos de consumo, sen perder a esencia do comercio local, de tempada e de proximidade”.

A formación estará a cargo de profesionais para dar a coñecer pautas que sirvan de axuda aos negocios, analizando e resolvendo cada situación concreta coa finalidade de incrementar as oportunidades de venda e mellorar a produtividade e competitividade dos negocios, sinalou Eva Gil

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, quixo recoñecer o esforzo realizado polo comercio local para a súa reapertura e tomando as medidas de prevención necesarias para gañar a confianza dos veciños e reducir os riscos sanitarios e animou a todos os comerciantes a participar neste proxecto, totalmente gratuíto, e que todos os comercios poida adaptar os seus negocios á nova situación derivada da COVID-19”.

Os empresarios e autónomos que estén interesados en sumarse ao proxecto; “dixitaliza o teu negocio” para participar na fomación poderán inscribirse a través plataforma dixitaliza ponteareas.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!