Colaboración entre o Concello do Covelo e o IES Val do Tea para acceso de libros en galego e castelán

Coa finalidade de axudar á mocidade nestas materias

O Covelo | O Concello de Covelo amosa o seu apoio á mocidade que cursa os seus estudos no IES Val do Tea, centro de referencia do concello, adquirindo os libros de lectura das materias de Lingua Castelá e Lingua Galega.

En coordinación co centro, a Biblioteca Pública Municipal contemplou nas súas adquisicións os libros de lectura obrigatoria para facilitar o acceso aos mesmos.

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, salienta a importancia de optimizar os recursos e traballar de xeito colaborativo e coordinado con outras institucións como o instituto Val do Tea de Ponteareas.

Agradece tamén, tanto a iniciativa da Biblioteca Pública Municipal de Covelo como a boa disposición e axilidade do centro na procura de melloras para a comunidade educativa.