“Cociña no teu Mercado” en Salvaterra

Actividade dirixida aos máis cativos

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra, dentro da campaña autonómica “Quere o teu mercado” organizou este 3 de xuño unha actividade de cociña no mercado municipal para os máis cativos.

A actividade é subvencionada pola Xunta de Galicia dentro da campaña “Quere ao teu Mercado”, co propósito de que a mocidade e os veciños  coñezan a profesionalidade e bo facer dos  praceiros e praceiras, e saiban mercar produtos frescos e da zona.