CM da Pedra Natural no Porriño comeza as súas prácticas en empresas

Esta modalidade ofértase por primeira vez en Galicia no IES Ribeira do Louro

O Porriño | A primeira promoción do CM de Pedra Natural que se imparte no IES Ribeira do Louro na súa modalidade de FP Dual rematou xa a súa formación teórica e comeza a fase de cualificación en empresas do sector.

Esta modalidade ofertase por primeira vez en Galicia e faino no Porriño, un concello referente na industria da pedra que dá un paso adiante, da man do Cluster do Granito e a Xunta de Galicia, na cualificación deste sector.

O instituto porriñés acolleu hoxe o acto de promoción do ciclo, no que acompañando aos alumnos e a representación do centro, estiveron o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, o xefe territorial de Educación da Xunta en Vigo, César Pérez Ares, o xerente da Fundación Cluster do Granito, José Angel Lorenzo e unha nutrida representación das empresas que acollerán a formación práctica.

“A FP xenera oportunidades para avanzar na especialización técnica, o que potencia o desenvolvemento das empresas e supón para vós unha oportunidade moi grande desenvolver unha carreira profesional tan pronto como acabedes a formación”, referiu o alcalde aos alumnos. “Vós sodes parte esencial dun momento moi importante para este pobo. Sodes a primeira das moitas promocións que se formarán para seguir facendo do Porriño e da súa industria da pedra un referente mundial”.