Club Natación Ponteareas, campión galego na clasificación conxunta

Recibíu a felicitación oficial por parte do Concello de Ponteareas

Ponteareas | A concellaría de Deportes, que dirixe en funcións Miguel Bouzó, en nome de todo o goberno quere dar os parabéns ao Club Natación Ponteareas que se alzou esta fin de semana co título de campión galego na clasificación conxunta. Tamén felicita ás nadadoras do Club Sofía Carballo que acadou a medalla de ouro e o título de campioa galega en 50, 100 e 200 braza e Carla Faro nos 100 estilos.

Os parabéns tamén son para o nadador Pablo Cabana que se fixo co título de campión galego e medalla de ouro nos 200 Bolboreta. Ademais, o club ponteareán tamén se fixo co subcampionato na categoría feminina. Na categoría masculina, o título foi para o CN Arzúa (sendo o equipo de Ponteareas o 6º clasificado) e na categoría feminina o título foi a parar a mans do C Náutico.

O director técnico do club, Andrés Carrera, amosouse moi satisfeito por este resultado sobre todo pola actitude positiva de todos os integrantes do equipo. Durante o tres días, segundo relata Carreira os nadadores e nadadoras brillaron loitando para acadar logros colectivos e individuais, “un feito que me fai estar moi satisfeito porque os nadadores e nadadoras viñeron a Pontevedra a bater as súas mellores marcas persoais nunha das probas máis importantes da tempada, isto demostra que teñen talento e mentalidade gañadora”.

Andrés Carrera engade que é de destacar, por exemplo, que por primeira vez un equipo de substitución masculina (4×200 libres) subise ao podio, cun bronce. Tamén por primeira vez o equipo feminino conseguía que todas as súas substitucións (4×50 libres, 4×100 libres, 4×200 libres, 4×50 estilos, e 4×100 estilos) subisen ao podio situándose entre o tres primeiros clubs clasificados.

Miguel Bouzó salienta o importante esforzo que realiza o Club ao longo de todo o ano, un feito que se reflicte non só nos resultados acadados polos seus nadadores e nadadoras se non tamén polo éxito das probas que organizan na piscina do complexo deportivo municipal Álvaro Pino.

O campionato galego de natación de inverno, en piscina de 25m. Celebrouse do 3 ao 5 de xaneiro de 2021. Como en todas as competicións que se celebran actualmente, estableceuse un protocolo fronte ao covid-19 que obrigaba a que se celebrase sen a presenza de público e para limitar aínda máis o aforamento de participantes, os equipos femininos competiron nas 3 primeiras sesións mentres que os masculinos fixérono nas 3 últimas.

A federación galega emitíu o evento en directo a través de youtube

“Para o deporte en xeral, e para a natación en particular, é unha gran noticia que se teñan implementado medidas e protocolos adaptados ao contexto marcado polo covid-19, que funcionen e que permitan desenvolver a actividade dos clubs”, explica Andrés Carrera.

O Club Natación Ponteareas tamén quere dar os parabéns á Federación galega de natación e ao Club Natación Galaico, como organizadores impecables desta cita, así como aos clubs gañadores (Arzúa e Vigo) na clasificación masculina/feminina, “e por suposto amosar o noso orgullo por este título de campións por equipos do CN Ponteareas que nos fai albergar esperanzas para futuras citas, autonómicas e nacionais. Parabén a todos!”