Catro trituradoras de biomasa para a veciñanza tudense

Trátase de ferramentas eléctricas para poda de carácter domiciliario

Tui | O Concello de Tui ten xa en marcha o servizo de autorización de uso de catro biotrituradoras de biomasa para á veciñanza.

Este novo servizo, que forma parte do Plan Municipal de Compostaxe, entra en funcionamento as a publicación o pasado venres, 9 de decembro, da Ordenanza Reguladora no BOPPO, logo que se aprobase en pleno o pasado 29 de setembro.

Estas biotrituradoras son maquinaria eléctrica, de pequeno tamaño para transportar en vehículos utilitarios e moi manexables mesmo para as persoas que non teña empregado antes este tipo de ferramentas.

A veciñanza pode solicitar o uso destas briotrituradoras dándose de alta no servizo de cesión de uso cubrindo o impreso de alta e a solicitude dispoñible na web municipal. Terán prioridade os fogares adheridos ao servizo de compostaxe municipal. A máquina poderá usarse durante unha semana para triturar restos de viñas ou outros materiais orgánicos que a veciñanza teña nos seus domicilios. Permiten un máximo de 4 centímetros de tamaño de pola, admitindo follas e ramificacións tanto de árbores froitais e outras ornamentais.

Non se poden empregar para restos verdes coma herba ou materiais con mesturado de terra ou pedras, e tampouco mobles ou similares utensilios. A responsabilidade de uso e posibles desperfectos quedarán a cargo da persoa solicitante.

Con este novo servizo de biotrituradoras de uso particular, o Concello de Tui prosegue co desenvolvemento do Plan de Compostaxe e a xestión de biorresiduos municipais. Serven tamén para favorecer o emprego e fabricación domiciliaria de compost, unha actividade que contribúe positivamente aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.