Catamarán Ribeira Sacra polo río Sil dende Paradela

Iniciou a nova tempada 2022

Castro Caldelas | O “Catamarán Ribeira Sacra” que opera no Canón do Sil desde o embarcadoiro de Paradela (Castro Caldelas) iniciou a nova tempada 2022.

O catamarán pioneiro en viaxes polo Canón que opera baixo o nome comercial de Viaxes Pardo con capacidade para 70 pasaxeiros, comezou a súa nova tempada cunha viaxe inaugural ao que asistiron a alcaldesa de Castro Caldelas e os alcaldes da Teixeira, Parada de Sil e Sober degustando no traxecto viños de Adegas Cruceiro con viandas da zona.

“Catamarán Ribeira Sacra”, participada por dúas empresas de Doade e Viaxes Pardo, ofrecerá paseos regulares pola mañá e tarde así como viaxes discrecionales flexibles adaptándose ás demandas. Ao fronte estará un capitán e o guía máis coñecido na zona da Ribeira Sacra: o alquimista da comunicación da empresa Druidaros.

Todo un espectáculo singular adaptado xa que, á parte de sucar o maxestoso Canón do Sil, os visitantes penetraranse na historia e coñecemento desta zona da Ribeira Sacra.