Carreira de Entroido 2023 na Guarda

Terá lugar o 18 de febreiro con saída dende a Alameda da Guarda

A Guarda | A Guarda acolle o sábado día 18 de febreiro de 2023 a Carreira de Entroido, un evento deportivo que terá comezo ás 18:00h con saída e chegada na Alameda da Guarda e que contará cun percorrido aproximado de 4 quilómetros.

A proba é gratuíta, pero é preciso realizar inscrición, que están xa aberta a través da web https://www.deporticket.com/web-evento/8054-a-carreira-do-entroido.

Os nados no 2015 e posteriores deberán de ir acompañados dun adulto. O evento está organizado por noko360 e o Concello da Guarda.

“A Guarda Family Kids”
A Alameda da Guarda acolle o vindeiro sábado día 4 de febreiro de 2023 a proba de obstáculos A Guarda Family Kids, un evento adaptado a idades de rapazas e rapaces de entre 3 e 12 anos, que deberán de ir acompañados dunha persoa adulta que tamén deberá de ir superando os distintos retos ao longo do desenrolo da proba.

A proba terá un custo de 3.10€ euros por inscrición e as inscricións están xa abertas a través da web https://www.deporticket.com/web-evento/7898-a-guarda-family-kids establecéndose un límite de 200 nenos acompañados dun adulto. Haberá medalla finisher para tódolos participantes. O evento está organizado por noko360 e o Concello da Guarda.