Cabalgata de Reis 2023 na Cañiza

Este mércores 4 con visitas a tódalas parroquias cañicenses

A Cañiza | Este mércores, 4 de xaneiro de 2022, as súas Maxestades de Oriente van visitar a nosa vila. Van facer unha parada na Cañiza para continuar o seu percorrido por todas as vilas e cidades do mundo.

Con saída do Rañadoiro ás 18:30 pm, o percorrido dos tres Reis Magos e a súa comitiva pasará polas rúas da nosa vila para que todas as nenas e nenos esteades atentas e non vos perdades a visita das súas Maxestades.

Ademais, por terceiro ano consecutivo, os tres Reis Magos van facer unha visita a todas e cada unha das parroquias do noso concello.  A continuación tedes os horarios e os lugares de encontro coas súas Maxestades en cada parroquia:

A Franqueira O Cebreiro 14.30 h
Luneda San Roque 15 h
Parada Diante da Igrexa 15.20 h
Valeixe Explanadada da“Hermandad” 15.40 h
O Couto Diante da Igrexa 16.05 h
Oroso Diante da Igrexa 16.25 h
Petán Diante da Igrexa 16.45 h
As Achas Diante da Igrexa 17.05 h

Este ano tamén recuperamos, despois de varios anos por causa da pandemia, a tradicional Recepción Real no Auditorio da Casa de Cultura como remate da Cabalgata. As súas maxestades contarán coa axuda dos membros da empresa cañicense Hípica Celta para desempeñar as súas reais funcións.

Dende o Concello da Cañiza desexamos que os Reis Magos vos traian moita saúde e felicidade para este ano 2023.