Bur(r)ocracia sanitaria.

Xosé M.ª Dios Diz

“A burocracia e o arte de convertir o fácil en difícil por medio do inútil”.

Carlos Castillo Peraza, escritor e periodista mexicano: 1947-2000.

As transferencias en Sanidade na Galiza, veñen de lonxe, dende que existe o Estado das Autonomías. Isto significa QUE A ADMINISTRACIÓN GALEGA PODE FACER E DESFACER NO SISTEMA SANITARIO GALEGO O QUE QUERA! incluso contratar persoal (sí Rueda-de reposto-), tanto Médico como outro tipo de profesional, para ter unha asistencia axeitada a demanda sanitaria, tanto nos Centros de Saúde, como nos PACs e nos Hospitais. De tanto reclamar ó goberno central que faga o que él non fai, xa estamos farta/os. Cobran por administrar o ben máis preciado que temos, a saúde. E sin non o fan (ou dín que a culpa é de outra/os), que se váian!

Temos as consultas de AP colapsadas, evidentemente pola falta de profesionais e o aumento da demanda. E que fai a administración do PP? Dí que “vai chamar a 75.000 persoas maiores de 65 anos, que non foran o/a Médica/o nos últimos 6 meses, para que váian”; non queres caldo: dúas tazas!

Existe un problema moi importante, que ocupa moito tempo a/os profesionais médica/os: A BUROCRACIA. Diferentes instancias da administración, piden “certificados” que ten que facer o Médico de Cabeceira: de idoneidade para a adopción de menores, da dependencia, de ingreso nun centro penal, para piscinas, para equipos de extinción de incendios, para exámenes para a garda civil, para bombeira/o, para policía, para exención do colexio electoral, para exención de xurados, exención de actividades físicas, exención do colexio electoral, para resolver multas de tráfico, para mergullo, para oposicións, permisos de armas, piloto de aviación, recoñecemento de embarque, solicitude de balneario, de cambio de colexio, de campamento de verán, de gardería, de residencia de servizos sociais, e seguro que me queda algún máis! Todo ísto, podría evitarse, si a consellaría de sanidade, informase as demáis institucións, para que non pidan certificacións inútiles…

“Existe un problema moi importante, que ocupa moito tempo a/os profesionais médica/os: A BUROCRACIA”

Tamén sacaron a “brillante idea” de que “toda medicación ten que ir con receita”; antes, os Paracetamoles, Ibuprofenos, etc. podían collerse na farmacia “sin receita”: agora, ca obrigación de levar a Receita Electrónica… quen ten que facela? o M de C.

A definición do traballo na AP, consiste na Prevención, Asistencia Domiciliaria e Asistencia en Consulta, Investigación, Formación e Sesións Clínicas. Os conceptos que non sexan de Asistencia Directa, está claro que non se poden realizar (con 40-50 persoas de media é dificil facer máis).

O director de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, dí que “el SERGAS buscará cubrir la falta de Pediatras, a través de la reorganización de recursos”, en román paladino: vestir un santo para desvestir outro. O de contratar profesionais cun salario digno e unha estabilidade, non o contemplan. E ademáis farán “que as enfermeiras traballen de Médica/os, cun curso intensivo”: impresentable!

A xerenta do SERGAS dí: “que temos que acostrumbrarnos a non ter Pediatra en cada Centro de Saúde”; e nós lle dicimos: si non saben ou non queren administrar correctamente o máis importante dunha persoa, que se váian! Levamos 4 conselleira/os e 3 Xerentes do SERGAS e o deterioro da AP na Galiza cada día a máis!

Outra ocurrencia: non se pode, dende AP, mandar directamente ao paciente ao especialista, debemos facer unha consulta telemática previa e en 3-4 días nos contestan que facer cx paciente: lista de agarda para a lista de agarda!

E xa conseguiron o que pretenden co desmantelamento sistemático da AP: o concello de Caldas, acaba de aprobar “ante a falta de Médica/os na vila, pagar a asistencia das persoas do pobo…NUNHA CLÍNICA PRIVADA DA ZOA”. O círculo previsto polo PP péchase e a privatización do Sistema Público (con fondos públicos), está en marcha.

A falta de estabilidade e salarios impropios para persoas que teñen unha profesión que costou moito sacar, veñen sendo as causas fundamentais da falta de profesionais. Ante ísto, o PP bota balóns fora. Non o permitamos!

*Xosé M.ª Dios Diz, Médico especialista de AP de Outes

Dr. en Medicina. Máster en Xeriatría. Licenciado en Medicina Xeriátrica. Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.