BNG, PSOE e CA apoian a manifestación pola Sanidade Pública

A celebrarse este domingo 4 de febreiro en Santiago de Compostela

Santiago de Compostela/BNG | O grupo municipal do BNG, xunto cos de CA e PSOE, defendeu no Pleno ordinario de xaneiro unha moción conxunta para apoiar a manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública prevista para o domingo 4 de febreiro en Santiago de Compostela en defensa de 13 medidas urxentes para salvar a sanidade pública galega. Aprobouse cos votos a favor de BNG, CA e PSOE e o PP votou en contra.

Segundo explicou a portavoz municipal do BNG, Míriam Louzao, “os últimos datos publicados de lista de agarda que son de 30 xuño de 2023, na área de Santiago-O Barbanza hai case 10.000 persoas esperando por unha cirurxía, case 29.000 agardando por unha consulta e máis de 17.000 por unha proba diagnóstica; é un colapso insostible da sanidade pública”.

Perdéronse nos últimos anos camas hospitalarias, hai 500 camas menos nos hospitais galegos desde que o PP goberna na Xunta e o informe do Consello de Contas concluíu que non se logra unha resposta correcta das ambulancias en condicións de equidade en todo o territorio e en 198 concellos os tempos de resposta están por encima do máximo establecido”, engadiu. “Este desastre sanitario é resposabilidade do PP e é un plan claramente orquestrado que ten un único beneficiario: a sanidade privada”, incidiu.

A moción fai referencia ao desmantelamento da sanidade pública por parte do Goberno do PP na Xunta nos últimos anos no relativo aos centros de saúde e PACs; á substitución das consultas telefónicas en lugar de presenciais; á masificación dos centros, á carencia de servizo de pediatría e de recursos humanos, ademais das listas de espera para especialistas e da falta de camas hospitalarias.

O texto da iniciativa recolle que é necesaria unha gran mobilización social e profesional para cambiar esta situación aberrante e inaceptábel, que culmine as manifestacións convocadas nos últimos meses en decenas de vilas e cidades como protesta polo abandono asistencial e a falta de recursos que pon en risco permanente a saúde da poboación.

Mos lamenta o “financiamento do BNG, PSOE e Podemos”
O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría dos seus membros a Moción do grupo municipal do PP sobre o Plan de reforzo da sanidade Pública por parte do Goberno Central.

A devandita moción contou cos votos a favor do grupo de goberno, a abstención do BNG e o voto en contra do Partido Socialista; tal e como informan a rexedora popular mosense, Nidia Arévalo, o voceiro de goberno e segundo tenente de alcaldesa, Leo Costas, e a concelleira de Política Social e Sanidade, Sara Cebreiro.

Ademais a alcaldesa de Mos advertiu e informou aos socialistas e nacionalistas de Mos do ‘email’ que proba que BNG, PSOE, Sumar e Podemos financiarán a protesta contra a Xunta a días das eleccións autonómicas. Os partidos participarán tamén de xeito presencial na manifestación, ao igual que fixeron na celebrada a pasada semana polos pélets.

Os medios de comunicación fanse eco hoxe dun correo electrónico que desvela a financiación política da manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para o próximo 4 de febreiro, dúas semanas antes das eleccións autonómicas. A protesta, contra o suposto «desmantelamento» da sanidade pública, pretende acusar á Xunta da «deterioración progresiva» do servizo, e faino coa axuda económica da oposición do Goberno galego xa que o BNG, PSOE, Podemos e Sumar pagarán a organización e pola difusión do acto. Sairá das arcas das formacións políticas unha campaña emitida na radio cun chamamento para acudir á protesta. Ademais, os «grupos municipais e outras institucións de esquerda» fretarán autobuses para conseguir un maior fluxo de xente.

O correo electrónico informa da reunión mantida entre o portavoz de SOS Sanidade Pública e a candidata de Podemos, Isabel Faraldo: “No encontro manifestou o seu apoio total á organización da manifestación (…) para esixir un profundo cambio na política sanitaria do actual goberno galego dirixida a desmantelar o noso sistema sanitario público”.

Arévalo entregou á oposición mosense unha copia da noticia e condeou “a gravedade da mesma, lamentando que se produzan feitos coma este, que vulneran a legalidade dun xeito descarado”.

Sobre a sanidade pública galega a alcaldesa declarou que “Galicia está sufrir un problema de falta de médicos de familia ao igual que sufre toda España, a situación de déficit de persoal médico especialista de atención primaria non é unha realidade particular de Galicia, senón un problema endémico en toda España, por iso hai unha proposta común, de varios gobernos de distintas comunidades autónomas e gobernadas por distintos partidos políticos para que se adopten solucións a nivel estatal.

O obxectivo e seguir traballando para paliar o déficit de profesionais que hai en algunhas especialidades, por ese motivo Galicia segue dando respostas á necesidade de minimizar o déficit de persoal en atención primaria, ata onde chegan as súas competencias, mentres que o Goberno Central non reforma a Lexislación do Estatuto Marco de persoal estatutario dos servicios de Saude, tal e como se acordou por unanimidade no Consello Interterritorial do Sistema nacional de saude en Abril do 2018”.

Por iso, continuou Nidia Arévalo “o Goberno galego está a pedir que o Goberno central, que é quen ten as compentecias, tome as medidas necesarias para poder seguir exercendo as súas competencias: para ter capacidade para formar e para contratar a máis profesionais. Galicia necesita que se poidan formar máis médicos de familia, somos conscientes do déficit actual e ademais se sabe que e necesario abordar o relevo de médicos cuxa xubilación se abordará nos próximos anos, pero a competencia e solo do Goberno Central que é quen ten as competencia de permitir que se poidan crear mais prazas MIR de familia”, concluíu a rexedora local.

Por todo elo, mediante a aprobación da moción presentada polo Grupo Popular do Concello de Mos, ínstase aos grupos da oposición, Bloque Nacionalista e Partido Socialista, a que, debido a falta de médicos de familia en Galicia e no resto de España, se sumen as peticións plasmadas no manifesto redactado polas comunidades autónomas ao Goberno Central, que é quen ten as competencias, para que:

1. En primeiro lugar, modificar o sistema de elección de prazas MIR para que as persoas aspirantes coñezan en tempo real as prazas dispoñibles, co obxectivo de que non quede ningunha deserta.

2. En segundo lugar, crear o antes posible, axilizando a súa tramitación, a especialidade de medicina de urxencias e emerxencias, antes de que se convoque o próximo exame MIR. Para evitar así que as persoas que queren exercer en urxencias ocupen unha praza de MIR en primaria.

3. En terceiro lugar, ampliar pola vía de urxencia as prazas de MIR de primaria para o que é preciso acometer a revisión do sistema de acreditación de unidades docentes que foi acordada por unanimidade entre Ministerio e Comunidades Autónomas no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde de abril de 2018 e que segue pendente desde entón, mellorando tamén o programa formativo.

4. En cuarto lugar, aproveitar o novo sistema máis flexible de acreditación para realizar un incremento extraordinario de arredor de 1.000 prazas formativas desta especialidade máis nas convocatorias MIR dos vindeiros años que corrixa a situación de déficit destes especialistas en toda España.

5. En quinto lugar, para planificar con mellor previsión a oferta formativa é preciso que o Goberno de España asuma o compromiso pendente de creación dun Rexistro Estatal de Profesionais Sanitarios para prever os déficits de profesionais do futuro.