BNG O Porriño presentou a súa lista electoral para o 28M

Liderada por Pedro Pereira

O Porriño/BNG | Pedro Pereira presenta o primeiro tramo da lista do BNG para as eleccións municipais do 28 de maio, as seis persoas que o acompañan nos primeiros postos dunha candidatura pensada para gobernar O Porriño en grande.

2. Míriam Martínez Troncoso: Traballadora Social. Empregada pública da Administración Xeral do Estado. Participou como concelleira no goberno do BNG no Porriño entre os anos 2007 e 2010.

3. Marcelo Rodríguez Acosta: Profesional da educación ambiental e filólogo. Formou parte do equipo de goberno do BNG no Porriño entre os anos 2005 e 2010.

4. Mónica Bugarín Ramilo: Diplomada en Ciencias Empresariais. Funcionaria da Xunta. Foi presidenta da asociación cultural Os Penediños de Atios. Experiencia na corporación como concelleira do BNG na oposición.

5. Ana Bastos: Profesora de ensino secundario. Experiencia na corporación como concelleira do BNG na oposición.

6. Cesar Lourido Landín: Operario. Activista cultural na asociación Arela, organizadora do Festival de Cans.

7. Soraya Domínguez Portela: Profesora de ensino secundario. Actual voceira da Marcha Mundial das Mulleres na Louriña.

Un equipo con formación, con bagaxe profesional e introdución no tecido asociativo, con capacidade para proxectar e liderar O Porriño do futuro. Recuperamos para os primeiros postos da candidatura persoas con experiencia na política municipal e incorporamos outras que se teñen achegado ao Bloque nos últimos tempos.

Acreditamos nas potencialidades do Porriño. Queremos un concello transparente, con mellores servizos, que funcione e no que non se malgasten recursos. Seguir avanzando na recuperación de espazos públicos, tamén nas parroquias, e converter o Louro no elemento vertebrador do municipio. Un concello feminista que traballe da man do movemento asociativo local e blinde as políticas sociais para garantir dereitos, para que ninguén quede atrás.

O BNG ten demostrado no Porriño coherencia, solvencia, rigor e capacidade de goberno. Temos proxecto, ideas claras e vontade de sumar. Queremos recuperar a ilusión do electorado de esquerda, acoller o voto desencantado cos comportamentos irresponsables que facilitaron a chegada ao goberno do PP. Imos a por todas, non nos poñemos límites e imos dar o mellor de nós. Con toda a humildade, mais tamén coa confianza e o orgullo de sabermos que os grandes avances no Porriño sempre foron da man do BNG.