BNG esixe aumento de personal no centro médico de Salceda de Caselas

O deputado Luís Bará levará esta petición ante o Parlamento de Galiza

Salceda de Caselas/BNG | O BNG presentará no Parlamento Galego novas iniciativas para esixir que a Consellaría de Sanidade e o SERGAS cumpran co compromiso de aumentar persoal médico e de enfermaría no Centro de Saúde de Salceda de Caselas. O deputado Luís Bará visitou o xoves 4 de marzo o centro, para coñecer a situación en que se desenvolve a asistencia sanitaria; recolleu información e a demanda de melloras que lle comunicaron membros da Xunta Directiva da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Salceda.

Luís Bará salienta que “as infraestruturas sanitarias e o cadro de persoal médico e de enfemaría teñen que estár en correspondencia co incremento poboacional de Salceda; para así garantir unha calidade asistencial prestada por un servizo público esencial, como é o sanitario.”

O Centro de Saúde de Salceda non conta co persoal que se correspondería co demanda existente; nestes momentos, nas catro consultas de medicina, cada profesional ten no seu cupo uns 1.650 pacientes; cando a ratio médico/paciente que ten establecido o SERGAS está nos 1.300 pacientes. A situación asistencial do día a día é de saturación; o que se trata de paliar transitoriamente con persoal de refozo.

A quinta praza de medicina, coa correspondente de enfermaría, situaría as ratios na media establecida polas autoridades sanitarias. É de salientar que coa inauguración das novas instalacións xa non existe a problemática de “falta de espazo para consultas”; ademais, o compromiso do SERGAS é que, dado o incremento de poboación en Salceda, se atendería a demanda co aumento de persoal, xa no ano 2020.

A súa vez, no curso da visita, comentouse a alta demanda de atención á poboación infantil de Salceda; un dos concellos de Galiza co indice máis alto de natalidade; polo que se considera necesario tamén aumentar persoal en Pediatría.

É de salientar que o Partido Popular rexeitou unha emenda aos orzamentos da Xunta de Galiza para o 2021 para prever o aumento de persoal no Centro de Saúde de Salceda.

Diante desta situación o Deputado anunciou que formulará preguntas ao SERGAS e ao Consellaría de Sanidade para que expliquen o motivo de non cumprir co comprometido sobre o aumento de persoal sanitario en Salceda de Caselas; asi mesmo, presentará unha proposición non lei instando op aumento de profesionais de mdeidina e enfemaría; mellora necesaria da que é coñecedor o Conselleiro, xa lle foi demandada unha solución, sendo xerente da Área Sanitaria de Vigo.