Biblioteca Municipal de Salvaterra reforza os seus horarios para exames ABAU e recuperación

O horario será continuo dende o 14 de maio e ata 5 de xullo

Salvaterra de Miño | Como ven sendo habitual o Concello de Salvaterra de Miño reforza o horario da Biblioteca Municipal nos meses de exames finais e que coinciden coas probas da ABAU.

Este ano a ampliación será dende o 14 de maio e ata o 5 de xullo en horario continuo dende as 09:00 horas e ata as 20:00 horas de luns a venres e os sábados de 10:00 a 14:00 horas.

Neste mesmo sentido e co fin de servir de axuda para os estudantes, o vindeiro luns 20 de maio de 19:30 a 21:00 horas o Concello de Salvaterra de Miño organiza unha charla sobre “Como abordar o estrés e a ansiedade nos mozos no momento dos exames”, unha charla dirixida a adolescentes en época de exames e impartida pola psicóloga Laura Fernández.

Deste xeito, o Concello segue apostando por un novo espazo adaptado ás necesidades dos estudantes que dispón de ordenadores, enciclopedias e libros que serven de consulta e aprendizaxe para calquera que o precise e que ademais conta cunha sala infantil con libros e xogos e un espazo polivalente para presentacións de traballos, obradoiros e reunións informativas.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.