“Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul”

A Real Academia Galega presentou o documental sobre a homenaxeada co Día das Letras Galegas 2026

Santiago de Compostela | A presentación do documental Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul reuniu no Salón Teatro participantes e persoas que colaboraron na produción da Real Academia Galega, amizades da autora á que lle dedica o Día das Letras Galegas 2026, veciñanza da cidade na que viviu dende 1992 ata o seu pasamento e representantes institucionais.

A sesión permitiu ver nunha pantalla de cine o filme (dispoñible nesta páxina web e na canle de Youtube da RAG), unha proposta narrativa que combina o retrato coral da escritora e xornalista con representacións dramatizadas da súa obra literaria de gran beleza.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.