Basilio Calzado, pintor de Tebra, expón no Liceo de Ourense

O pintor tomiñés, Basilio Calzado, mostra a súa obra no Liceo de Ourense na segunda quincena de Marzo.

Tomiño | Basilio Calzado, pintor, fundador da Asociación Cultural “Val do Cereixo” de Santa María de Tebra, presenta durante a segunda quincena do mes de marzo, na Sala de Exposicións do Liceo de Ourense, unha colección de 16 de pinturas, algunhas de reciente creación.

Recentemente foi seleccionado no Concurso de Artistas do Alto Minho e de Galicia,celebrado en Vila Nova de Cerveira (Portugal), ademais de participar en varios certames de pintura o aire libre. “Arte na planicie”, evento plástico en Montemor O Novo, tamen no pais veciño, ademáis de presentar obras individualmente na Sala de Exposicións do Real Club Nautico de Bouzas; na Sala do Circulo Mercantil, ambas en Vigo, así como no Multiusos de Goián e Centro Cultural A Guarda.

Calzado, paralelamente está traballando en colaboración con alumnos de varios colexios do Baixo Miño, para realizar con alumnos varios murales, mesmo a beira la ruta peregrina e igualmente participa no proxecto plástico multidísciplinar “Retorno dos coidadores das hortas polo Camiño de Santiago” .